logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Sabean todos que eu, Pero Martis de Caritel, toneleiro, besiño da villa de Pontevedra, que soo presente, non costrengudo por força nen por engãno resçebido, mas de mĩa libre et propia voontade, dou et outorgo en pura, justa et saa doon para todo senpre, asi como doaçon mellor pode et deve soer et de derito mas baler ontre vivos, a vos Juan de Deus, toneleiro, besiño da dita villa, que sodes presente, et a vosa moller Maria de Cordeiro, et a todas vosas vozes et suas, toda aquela mĩa casa que esta ẽna Rua da Fontayna, fiigresia de San Bartolameu da dita villa, a qual vay de longo por tavoado con outra casa de vos o dito Juan de Deus, et eso mesmo vay de longo por tavoado con outra casa de Juan Rodrigues, toneleiro, morador na dita villa, et de Maria de Portas, moller que foy de Juan de Portas, que Deus perdon, et vay entestar en outra casa de Duan Fernandes, toneleiro, vesiño da dita villa, et sal con portaes et portas aa dita rua de Fontayna, et a qual a mĩ perteesçe por herança de Juan Rillon, pedreiro, meu tio, que Deus perdon; et esta doaçon vos faço asi de toda a dita casa et de toda sua pedra, tella, ferro, madeira, et con seu terreo en que esta, et entradas et seydas et pousos, jures et agoas vertentes et perteensças et dereituras que lle perteesçen et perteesçer deven de dereito, por muita ajuda et obra boa que de vos resçebi et entendo resçeber, et por lo devydo et parentesco que convosco ey, et por que me pras et he mĩa voontade; et de mas que vos et a dita vosa moller et bosas vozes que dedes et pagedes para o lume do moesteiro de San Françisco da dita villa oyto mrs. da moeda vella, contano a branqua en tres dineiros, cada un ano para todo senpre, que o dito lume ha en salvo de penson ẽna dita casa, en maneira que a mĩ et a meus bees quitedes delo a pas et a salvo por senpre; et prometo et outorgo de vos non revocar esta dita doaçon que vos asi faço en vida nen en morte, nen procure que se revoque, ante prometo et outorgo de vos anparar et defender con ela de todo enbargo, salvo do dito cargo dos oyto mrs. aa boa fe de Deus et sen mao engano, por mi et por todos meus bẽes que vos a elo obligo, et por juramento que ende faço en este signal de crus en lugar de Santos Evangeus, et so pena de mill mrs. da dita moeda que vos peite por pena eu ou mĩas vozes seo asi non teveremos, conpriremos et contra elo vieremos.

Ano 1433
Título abreviado MNP
Título Minutario notarial de Pontevedra
Referencia Rodríguez González, Ángel / José Armas Castro (eds.) (1992): Minutario notarial de Pontevedra (1433-1435). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.
Capítulo 126
Páxina 167
Autoría Anónimo
Tipo/finalidade/xénero Doazón ("doaçon")
Orixe Orixinal
Lingua -
Localización Pontevedra [Pontevedra-P]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL