logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Sabean todos que eu Gomes Rodrigues, besiño da villa de Pontevedra, que soo presente et que faço por mĩ et por todas mĩas bozes, non costrengudo por força nen por engãno resçebido, mas de mĩa libre et propia voontade, vendo firmemente et outorgo por jur de herdade para todo senpre a vos Gonçalvo de Barqua, morador ẽna fiigresia de Santa Maria de Couso, que sodes presente, et a vosa moller Maria Gonçalves et a vosas vozes et sua et a Juan Eanes Sibron, morador ẽna fiigresia de Santa Maria de Frades, absente, et a vosa moller Maria Eanes, en hũa meatade desta venda adeante contiuda, et a vos Rodrigo Afonso de Bandin, morador ẽna fiigresia de San Pero de Carcaçia, eso mesmo absente, et a vosa moller Tareija Eanes et a todas vosas vozes, ẽna outra meatade, todas las herdades, casas, casares et plantados que eu ey et a mĩ perteesçen ẽna fiigresia de San Jurjo de Vea et arredor dela, as quaes herdades casas et casares et plantados a mĩ perteesçen por parte et herança de Afonso Miguelles, cuja alma Deus aja, meu avoo, et de mĩa madre Sancha Afonso, et por outra qualquer rason que me perteescan; et vendo, como dito he, as ditas herdaes, casas, casares et plantados onde quer que vaan, a montes et a fontes ẽna dita fiigresia et sua herdadura, con todas suas entradas et saydas et perteensças et dereituras que lles perteesçen et perteesçer deven por contia de oytenta mrs. de moeda vella, contando a branca en tres dineiros, os quaes ditos oytenta mrs. da dita moeda eu resçeby de vos o dito Gonçalvo de Barqua por vos et en nome dos sobre ditos, en presença deste notario et testemoyas,et dos quaes me outorgo por entrego et pago a toda mĩa voontade; et renunçio a toda enxençon que nunca ende diga o contrario en juiso nen fora del, et seo diser que me non valla, et se mas val esto que eu asi vendo a vos o dito Gonçalvo de Barquo et a dita vosa moller et aos sobre ditos, segundo que de suso vay declarado, douvoslo et outrogo a vos et a eles en pura, justa et saa doaçon para todo senpre asi como doaçon mellor pode et deve seer et de derito mas valer ontre bivos.

Ano 1433
Título abreviado MNP
Título Minutario notarial de Pontevedra
Referencia Rodríguez González, Ángel / José Armas Castro (eds.) (1992): Minutario notarial de Pontevedra (1433-1435). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.
Capítulo 136
Páxina 180
Autoría Anónimo
Tipo/finalidade/xénero Venda ("carta de venda")
Orixe Orixinal
Lingua -
Localización Pontevedra [Pontevedra-P]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL