logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Sabean todos como eu Pedro Ledo, morador en na fregesia da igleia de san Migel de Lebosende, que sõõ presente, por min et por miñas voses, por razon que me a min deron Vasco d ' Oseve o mozo, fillo de Vasco d ' Oseve, o vello, que Deus aja et Vasco d ' Oseve, neto do dito Vasco d ' Oseve, o vello, moradores que son en na dita frigesia de Lebosende, a sua parte et quinon do luger da Costa, que jaz en na dita frigesia de Lebosende, et ho poseron et traspasaron en min et nas minas vozes por çertos marauedis que me debian et eran obligados pagar; a qual dita sua parte do dito lugar, que me asi deron et traspasaron en min, foy con condiçon que eu que a labrase et procurase et pagase o foro et senorio que elles eran tiudos et obligados pagar del ao moesteiro de San Croyo, en tal maneira que os quitase a todo tenpo sen danos et sen perda, segundo que mays largamente se pasou ontre min et elles per huun contrato feito per este notario; et eu agora non poso labrar nen reparar a dita sua parte do dito lugar, por quanto soo vello et cansado et por outros moytos bẽẽs que teno eu, que teño farto de faser, et por outros impedimentos que teno et teno farta fatiça et traballo, en tal maneira que avnque quisere teer a dita parte do dito lugar segundo mo deron, non poderia susubir os carregos et labranças et reparos a que soo obligado conprir et pagar, por lo qual se poderia perder o dito lugar, et eu et os sobreditos quedariamos con perda et dano; por ende, eu o dito Pedro Ledo, veendo et entendendo todo esto que ho probeyto et dano que se me delo poderia recresçer, estando en todo meu libre et conprido poder et sen premia alguna, nen enducido por engano ninhuun de ninhuna persona, ante de meu praser et boa et propia voontade, por quanto vos Costança Peres, mina filla, muller d ' Aluaro de Ribeira, sodes tal, et con ajuda de noso Sennor, labraredes et reparedes o dito lugar et cousas a el pertesçentes et pagaredes os foros et carregos del segundo eu soo obligado, et por outras çertas cousas de que vos soo encarrego et por emenda et satisfaçon delo. . . etc. , por min et por mines vozes et no tenpo et vozes que mo deron o dito lugar os ditos Vasco d ' Osebe et Vasco d ' Osebe, et me el pertesçe por qualquer maneira toda a mina parte et quynon do dito lugar da Costa, por esta carta ho dou, pono et traspaso en vos a dita Costança Peres, mina filla, et en vosas vozes, asi que quanto an de dar a min o dito Pedro Ledo as minas vozes, que outro tanto daren a vos a dita Costança Peres mina filla as vosas vozes.

Ano 1485
Título abreviado MSCDR
Título San Clodio do Ribeiro
Referencia Lucas Álvarez, Manuel / Lucas Domínguez, Pedro (eds. ) (1996): El monasterio de San Clodio do Ribeiro en la Edad Media: estudio y documentos. Sada / A Coruña: Edicións do Castro (Publicacións do Seminario de Estudios Galegos).
Capítulo 601
Páxina 709
Autoría Rodrigo de Frogil, notario publico de noso sennor el Rey en terra d ' Orzellon et de Deçon, [. . . ]
Tipo/finalidade/xénero Traspasamento
Orixe Orixinal
Lingua
Localización Orzellon [Orcellón-Ou]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL