logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Sabean quantos esta carta viren commo eu, Maria Martin, morador en Steello, filla que foy de Martin Franco que foy, por min et por meus herdeyros et por toda minna vos, seendo en mina vida et soude et con todo meu siso et entendemento qual Deus teuo por ben de me enprestar et non endusida por engano nen por força nen por outro error algun, mays de meu praser et de mina propria, pura, liure et boa vootade, por amor de Deus et por soude de mina alma et das almas de meu padre et de meus fillos et fillas finados que me ficaron de meus maridos, Pero Martin et Domingo Martin que foron, dou et outorgo en dadiua et en smonlla et en pura doaçon, que valla para senpre jamays o mellor et mays conpridamente que a eu poso dar et faser et doaçon et smonlla mellor pode et deue ualler de dereito, aos fraires da Terçeira Hordeen que ora estan et steueren de aqui adeante en no moesteiro de San Martinno de Villa Lourente, que he en no bispado de Mendonedo, todollos herdamentos llaurados et por llaurar, igrijareos et leigareos que eu ey et me perteeçen de auer en toda a frigisia de Santa Maria de Auelleendo et en no villar de Goaa, por hu quer que van de montes a fontes; o qual frigia et villar sobre ditos son en no dito bispado, asy por erança de meus fillos Johan Martin et Fernando, que me ficaron de meu marido Pero Martin que foy, dos quaes o dito Fernando finou minor de ydade, et o dito Johan Martin se finou sen sent, et ao tenpo de seu finamento el en seu testamento et ultima voontade feso a min sua herdeira, commo por conpras et gaanças, commo por erança de Gonçaluo et Martinno et Maria Andre, outrosy meus fillos que me ficaron do dito Domingo Martin, meu marido, depoys de seu finamento; os quaes me finaron menores de ydade, tirando ende o quinnon que ha Martinno et a Maria, fillos de meu yrmao Pero Martin perteeçe de auer por vos do dito seu padre.

Ano 1385
Título abreviado OMOM
Título San Martiño de Vilourente
Referencia Graña Cid, M. Mar (ed. ) (1990): Las órdenes mendicantes en el obispado de Mondoñedo. El convento de san Martín de Villaoriente (1374-1500). Separata de Estudios Mindonienses.
Capítulo 68
Páxina 191
Autoría Aras Gonçalves "notario publico jurado dado do bispo de Mendonedo en na çibdade de Vilamaior"
Tipo/finalidade/xénero Doazón
Orixe Orixinal
Lingua -
Localización Vilamaior [Mondoñedo-L]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL