logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Dizia mais que o dito Suer Peres que dera yn feudo o dito couto e herdades aos ditos Afonso Rodriges e Gomes Ferrandes con o moordomadego de Caritel e con o cachon de San Sauaschao e con todas las outras cousas, que ao dito moesteiro perteesçian, saluo os dereitos das vniuersarias, das sancristanias e da igleia de Beacan en no espiritual, e con a herdade de Lauapẽẽs e o al todo llo deran en seus dias deles con todas as cousas que lles perteesçian en na fregresia de Beacan, que foren tenporaas, saluo os casares d ' Outeiro et de Cas d ' Avil; deralles mais o casal de Pradozinos con a herdade que y avia o moesteiro e o herdamento de Vilaquinti, e por esto que lle dese cada anno renda çerta dentro no dito moesteiro en saluo çento e oyteenta morauedis de moneda blanca del rey don Pero, oyto soldos cada morauedi, cada anno por dia de san Viçenço, et foren vasalos do dito moesteiro leããs e verdadeiros amigos en todas las cousas que podesen sen engano, e con condiçon que todo o poder para aforar as herdades do dito couto que ficase ao dito prior e conuento, e que o dito Afonso Rodriges e Gomes Fernandes que non ouuesen parte de aforar os ditos herdamentos, e que os aforase o dito moesteiro a quen sua voontade fose, e outrosi que retinan en si para saber quen tina as ditas herdades e con qual dereito, e correger e aforar a quen fose sua voontade, e os prõõs dos ditos foros fosen do dito moesteiro, e a seu finamento deles anbos quedaua o dito prior e conuento e seus fillos e fillas todo o sobredito, que fosen criados do dito Afonso Rodriges e fillos de Ynes Garçia e de Gomes Ferrandes e de Ynes Gomes; e se morreren de cada huun das ditas partes todos los fillos que preficase a metade en seus herdeiros e que fosen os seus fillos vasalos do dito moesteiro, e os herdeiros dos fillos en vida e en morte, e que teuesen e pagasen cada anno a renda dos ditos çento e oyteenta morauedis; e a seu finamento que ficase todo o dito couto e lugares ao dito moesteiro liure e quito sen nehuna mãã voz con todas las boas paranças que y foren feitas; e que non forçasen os vasalos do dito lugar nen os desaforasen nen fezesen torso, mais que s ' anparasen e defendesen conmo os seus contra quantos en no mundo fosen.

Ano 1421
Título abreviado SVP
Título San Vicenzo de Pombeiro
Referencia Lucas Álvarez, Manuel / Lucas Domínguez, Pedro (eds.) (1996): El priorato benedictino de San Vicenzo de Pombeiro y su colección diplomática en la Edad Media. Sada / A Coruña: Ediciós do Castro (Publicacións do Seminario de Estudos Galegos).
Capítulo 99
Páxina 160
Autoría Anónimo
Tipo/finalidade/xénero Apelazón
Orixe Orixinal
Lingua
Localización




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL