logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Sabean quantos esta carta viren conmo nos don Afonso Gonçales, prior...etc., por quanto nos ouuermos feito a vos Iohan Rodriges Furno foro de dez moyos de vino de cada ano en çertas herdades en o noso couto de Poonbeiro, por vida de vos e de outras duas personas a alende o voso finamento, segundo se conten e na carta do dito foro, e agora vos, o dito Iohan Rodrigues de vosa propia voontade, sen outro costrengimento alguun, vos partistes do dito foro e renunciastes en nosas mããos e demytistes para o dito moesteiro, nos o prior e convento sobredito en galardon delo damos a vos o dito Iohan Rodrigues, que sodes presente e aBiringuela Rodrigues, vosa moller abssente, asy conmo se fose presente en vosa vida danbos e de cada hun de vos, en tal maneira que morrendo hun que se tome en no outro, çinco moyos de vino puro mosto en cada hun anno, que vos ajades pelos dizimos froytos da nosa igleia de santa Marina de Roosende, que he en terra de Sabinãão, en no dito obispado de Lugo, en paz e en saluo, sen outro carrego et custa alguna en esta guysa, que o noso moordomo da dita igleia que os lançe a vista de voso ome en huna cuba, e que os de en cada hun anno e perfaça a vos ou ao que recabdar por vos, e vos que dẽẽdes vosa cuba en que se lançen e cozen, en tal maneira que os reçeuades do dito noso moordomo o mes de nouenbre en cada anno per conta e per medida dereita de quoreenta e oyto quartillos cada moyo por la midida dereita do quartillo de Monforte, que se hy agora vsa.

Ano 1429
Título abreviado SVP
Título San Vicenzo de Pombeiro
Referencia Lucas Álvarez, Manuel / Lucas Domínguez, Pedro (eds.) (1996): El priorato benedictino de San Vicenzo de Pombeiro y su colección diplomática en la Edad Media. Sada / A Coruña: Ediciós do Castro (Publicacións do Seminario de Estudos Galegos).
Capítulo 122
Páxina 194
Autoría Roy Gonçalues de Poonbeiro notario publico
Tipo/finalidade/xénero Renovación
Orixe Orixinal
Lingua
Localización Poonbeiro [Pantón-L]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL