logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Todo dereito, boz e abçon e senorio que eu teño e ajo a biña do Outeiro con seys castineiros en o Val d ' Amande, e con o terreo que jaz en o Val d ' Amande, todo con suas entradas e seydas, con condiçon que vos a dita Eynes de San Pedro e vosas bozes paguedes de cada anno ao moesteiro de san Viçenço de Poonbeiro, cuyos os ditos bẽẽs son todos, seus foros e dereitos segundo eu soo obrigado, e labredes e reparedes ben en maneira que eu por elo non sea acusado, e des aqui enbante vos dou poderio para que posades entrar e tomar todos los ditos bẽẽs e façer deles e en eles toda vosa voontade, asy como de vosa cousa propia, con as ditas condiçoos; e outorgo que por yra nen por saña nen merencoria que de uos aja, nen por outra razon alguna aynda que vos a dita Eynes de San Pedro, miña sobriña, sejades contra min jurguita e desconoscida en alguno daqueles casos contuydo en dereyto, por que se as donaçõẽs poden reuocar e dar por ninguas; as quaes dereitos e leys eu logo reboco expresamente e renunçoas e douas por nengunas; e a todas las outras leys e dereitos escriptos e non escriptos, canonicos e çebiis, que eu nen outro por min non posa poer, nen alegar, nen me ajudar deles en alguno tenpo nen por alguna maneira; e se o feser ou outro por min quero e outorgo que me non valla, nen seja sobre elo oydo, nen reçebido en juiso nen fora del, e que vos perca e pague por nome de pena çen marauedis de moneda vella e a vos del Rey outros tantos; a qual dita pena pagada ou non esta carta seja firme e valla en seu revor.

Ano 1457
Título abreviado SVP
Título San Vicenzo de Pombeiro
Referencia Lucas Álvarez, Manuel / Lucas Domínguez, Pedro (eds.) (1996): El priorato benedictino de San Vicenzo de Pombeiro y su colección diplomática en la Edad Media. Sada / A Coruña: Ediciós do Castro (Publicacións do Seminario de Estudos Galegos).
Capítulo 182
Páxina 257
Autoría Juan da Cruz notario publico do couto de santo Esteuo de Riba de Syl
Tipo/finalidade/xénero Doazón
Orixe Orixinal
Lingua
Localización santo Esteuo de Riba de Syl [Nogueira de Ramuín-Ou]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL