logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

In dei nomine amen sabean quantos est publico instrumento de doason virem, que enno anno do nascemento do noso sennor Ihesucristo de mill e quatrocentos et quarenta e quatro annos oyto dias do mes de agosto, feyto o sub o carvallo da prasa da cidade de Tuy en presensa de mi L(ouren)so R(odrigu)es, notario publico iurado da dita cidade et do obispado de Tuy, e das testes adeante escriptas, estando ende presentes P(er)o Mi(gu)es scrivan procurador do ospital da dita cidade, et Est(efa)nia Fernandes moller que foy de Fernan P(ere)s, notario que foy da dita cidade E enton os ditos P(er)o M(igu)es et Est(efa)nia Fernandes depon que era verdade que o dito Ruy P(ere)s fesera sua manda et testamento en sua vida ante de seu finamiento solemnemente e per notario et testes, enna qual entre as outras cousas leixara ellos ditos dos P(er)o M(igu)es et Est(efa)nia Fernandes por conpridores de sua manda e por eredeira a ella dita Est(efa)nia Fernandes per condison que ella tuvesse todos seus bens en sua vida et a seu seymento que fosem vendidos et destrybuesen en obras de misericordia e pias causas ende elles dous, P(er)o M(igu)nes e Est(efa)nia Fernandes, visen que era mellor e mays proveitoso praa alma do dito Ruy P(ere)s Et ora que aella dita Est(efa)nia Fernandes aparesia e era contenta por que a alma do dito Ruy P(ere)s fose aliviada e saise mays agrana das penas do purgatorio, se ende ella iasia Que ella logo en sua vida ante de seu finamiento queria que ella e odito P(er)o Mi(gu)es vendesem todos los beens quelle o dito Ruy P(ere)s mandara pela dita sua manda et os destribuyese e desemonde elles visem ambos que era mays proveito por [ser] por moor de deus et proveito dalma do dito Ruy P(ere)s Et o dito P(er)o Mi(gue)s diso que pois a ella prasia deo querer faser asi que el era presto e contento de o faser con ela et logo os ditos P(er)o Mi(gu)es et Est(efa)nia Fernades en comensando de conprir a voontade Et deseron do dito Ruy P(ere)s deron logo en doason ao dito ospital da dita cidade de Tuy, porlla alma do dito Ruy P(ere)s, hum formal de casa con suas figueiras et alpendre tellado et cuberto con sua parede en que se asentado quatro b..s praas ditas figueyras que estan enna dita cidade, enna rua dos Prazeres, segun que parte da hua parte con casa da igleia de Tuy e trage aforada Go(mes) R(odrigu)es, sarralleiro, et da outra con casa que fiqou do dito Ruy P(ere)s et topa en fondo en casa et eixido de Juan Afonso, espadeiro, et sai con dito eixido con seu cubeiro per duas portas aa dita rua dos Prazeres Pra que o dito formal de casa con suas figueiras e cuberto, segun que esta tellado con sua parede et madeyra, da qui endeante fose do dito ospita pra todo senpre iamais Et qualquer cousa que se enno dito eixido et formal de casa et cubeiro fezesen Per tal pleito e condison que ella dita Est(efa)nia Fernandes tuvese et poseyese o dito formal de casa con seu eixido e cubeiro en toda sua vida et se aproveytase del por si ou por outro et dos fruitos del Et a seu saymento que o dit formal da casa e eixido et cubeiro segun que todo esta rogado ficasen ao dito ospital libre e quite e desenbargado dela e de seus erdeiros Et o dito P(er)o M(igu)es procurador e ouvensal ao procurador do dito ospital diso que resebia et resebeu logo o dito formal de casa eixido et cubeiro de todo con sua parede tellado e madeirado pra dito ospital et por nome del Et lle dava et deu licencia et poder pra queo tuvese de maao do dito ospital em toda sua vida con sua aproveitason del e dos fruitos del et seu seymento ficasen ao dito ospital livre e quite e desenbargado, segun que ora esta et segun suso dito he Et a dita Est(efa)nia Fernandes esto quiso et outorgou Et resebeu logo o dito formal de casa eixido con seu cubeiro segun que estava con sua parede tellado et madeyrado da mao do dito P(er)o M(igu)es por nome do dito ospital, pra en toda sua vida tansolamente et mays non et a seu seymento ficase ao dito ospital livre quite e desenbargado della e de seus erdeiros segun que ora estava Et prometeron et outorgaron, os dos P(er)o M(igu)es e Est(efa)nia Fernandes, de teer e conprir et aguardar esta dita doason que asi fasia ao dito ospital et yr contra ella en algun tenpo per si nin por outro en iuso nen fora et sobre ello renunsiaron atoda ley et dereito eclesiastico et cevil scripto et nom scripto que por si ouvesem pra virem contra osovre dito quelles non valesem nen fosem sobre ello oydos nen escoytados et a ley e dereito que dez que a geeral renunciaçion non val Et de esto en como pasou o dito P(er)o M(igu)es por nome do dito ospital et pra el pediu a mi dito notario estrumento pra sua guarda Esto foy enno dito logar anno e mes e dias suso ditos Testes que foron presentes Alv(ar)o Cardeal, caongo et J(ua)n Afon(so), rasoeiro enna igleia, et Nuno G(ome)s das adegas et V(as)co L(ouren)so, notario, et P(er)o Anes de Bayona et Nuno G(ome)s o moso et Est(eve)o L(ouren)so, carpenteiro vesinos da dita cidade et outros.

Ano 1444
Título abreviado BMSEH
Título Tui século XV
Referencia Sánchez Carrera, María del Carmen (ed.) (1997): El Bajo Miño en el siglo XV. El espacio y los hombres. A Coruña: Fundación Barrié de la Maza, Conde de Fenosa.
Capítulo A10
Páxina 317
Autoría Lourenso Rodrigues notario publico iurado da cidade de Tuy
Tipo/finalidade/xénero Doazón ("instrumento de doason")
Orixe Orixinal
Lingua -
Localización Tuy [Tui-P] (sub o carvallo da prasa da cidade de Tuy [Tui-P])




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL