Entonçes a dita Ma(ri)a Alvares e a dita Leonor Va(sque)s de suas propias libres voontades sen constrimento algun diseron que, por proveito de deus e por saude e salvamento de suas almas e da aquelas aquen elas eran obligadas, que davan e deron en pura e dote doaçon enna mellor nanna e forma que elas podiam e devian de dereito dar ao dito ospital desta dita cidade hun seu resio e formal de casa que elas tinnan enna dita cidade enna rua do Louro que parte de hua parte de longo contra fondo con yxido das aniversarias desta igleia de Tuy e contra cima parte con outro pequeno resio que trage Ma(ri)a Anes que foy de Est(eve)o Marinno e topa enno muro da dita cidade e say pra dita rua do Louro contra o forno ou quel dito resio e pardinneiro.
|