logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Sabean todos que eu, Eluira Garçía, moller que foy de Rroý Fernandes Mõtesiño, filla legítima e herdeira que sõo de Gomes Garçía do Campo, aparrellador, e de súa moller María Afonso, que forõ, morador que sõo ẽna rrúa do Vilar da çidade de Santiago, por quanto eu sõo persona liure e quita e posso fazer de mĩ e de meus bẽes o que quiser e me Deus der de graça, por ende, por mj̃ e por todas mj̃as uozes e herdeyros, nõ constronguda per força nẽ decebuda per engano, mais de mj̃a propia e livre voontade, sem outra prenea e constrengemento algũu, dou e outorgo em pura e perpetua doaçõ pera todo senpre, así como doaçõ mellor pode e deue seer feita de dereito e máis valer ontre uiuos, a uós, Johán Fernandes, capellã da capella de Sã Bieito da dita çidade, que presente sodes, e a tódoslos outros capellanes, vossos sucçessores que despois de uos forẽ rrectores e capelãas da dita capela de San Bieito pera sempre, a terça parte entregamente da meatade de todo o sotõo das casas que están ẽna rúa [do Vilar] da dita çidade, ẽnas quaes casas e sotoo delas vós o dito capelã morades, ẽno sobrado delas, e a qual outra meatade do dito sotoo he vossa e dos capelãas da dita capella, e os quaes outros dous terços da dita meatade do dito sotõo perteecẽ e sõ de mj̃a irmãa Thareiga Gomes, moller de Bernal d ' Eanes do Camjño, e de mjña sobrina María Garçía, moller de Gonçalvo Abril, filla que foy de mj̃a irmãa Costãça Gomes, cõ todas súas perteẽças e dereituras, e entradas e portas e seídas, que uos todo vsades e morades, teendes e pesuydes, que perteeçẽ e perteeçam, devẽ ao dito terço da dita meatade do dito sotõo, así de dentro como do fóra e en alto como en baixo e en ancho como en longo, e o qual dito terço da dita meatade do dito sotõo me a mj̃ perteeça e perteeçer deue porla lij́dima herãça e successõ os ditos meus padre e madre, Gomes Garçía do Campo e María Affonso, a que Deus dé santo peraíso, e por cada hũu deles, e por outra qualquer rrazón; e o qual dito terço da dita meatade do dito sotõo dou a uos, o dito capelã, e a tódoslos outros capellãas vosos succesores que depois de uós veerem aa dita capella, pera que o ajã e leuẽ e pesuýã per si ou per outros.

Ano 1425
Título abreviado DMSBC
Título San Bieito do Campo
Referencia Fernández Salgado, Antonio (ed.) (1999): A documentación medieval de San Bieito do Campo. Tese de licenciatura (inédita) presentada na Universidade de Santiago de Compostela.
Capítulo 19
Páxina 64
Autoría Johán de Casteenda, cóengo e notario público jurado de Santiago porla igleia de Santiago
Tipo/finalidade/xénero Doazón
Orixe Orixinal
Lingua -
Localización Santiago-[C]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL