logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Por ende eu, por conprir o bõo propósito e desejo que a dita mj̃a moller ouuo a dita capela e obra de piedade que en elo fezo, por mj̃ e por todas mj̃as vozes e da dita mj̃a moller desenbargo a vós, o dito Johán Ferrnandes, capellã, e a todos vosos subçesores, que despoys de vós subçederẽ ẽna dita capela, a dita terça parte entregamẽte dos ditos dous terços do dito sotõo, pera que d ' aquí endeante, sen meu ẽbargo e das ditas mj̃as vozes e da dita mĩa moller, o ajades e pesuýades e leuedes as rrendas e alugeyros del e façades del vós e os ditos vosos subçesores toda vosa voontade, como fazedes das outras posisões que forõ e son dadas aa dita capela e a vós en seu nome, e pera que per el e perlas rrendas del digades en cada hũu ano, porlas ditas almas da dita mj̃a moller e dos ditos seus padre e madre e avoós, vós e os ditos vosos subçesores, pera todo senpre, as ditas tres misas de rrequiem; e todo jur, señorío, propiedade, vos, dereito e abçõ, que eu e as ditas mj̃as vozes e da dita mj̃a moller avemos e nos pertesçe en esto que uos ela dou de mj̃ e delas, o tiro e tollo e en vós e vosos subçesores o traspaso e poño per esta presente carta pera senpre; e prometo que eu e as ditas mj̃as vozes e da dita mj̃a moller nõ venamos cõtra elo nẽ contra parte delo, so obligaçõ de meus bẽes que pera elo obligo, e so pena de mjll morauidís que uos peytemos por pena, se contra elo viéremos ou pasáremos, en parte ou en todo, e a pena pagada ou nõ pagada todavía este contrabto de desenbargo fique firme e valla como dito he.

Ano 1429
Título abreviado DMSBC
Título San Bieito do Campo
Referencia Fernández Salgado, Antonio (ed.) (1999): A documentación medieval de San Bieito do Campo. Tese de licenciatura (inédita) presentada na Universidade de Santiago de Compostela.
Capítulo 20
Páxina 68
Autoría Johán de Casteenda, cóengo e notario público jurado de Santiago porla igleia de Santiago
Tipo/finalidade/xénero Doazón (recoñecemento)
Orixe Orixinal
Lingua -
Localización Santiago-[C]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL