Sabean todos que eu Roy Gomes de Sarnon, jurado da villa de Muro, outorgo et conosco a vos Gomes Afonso, notario da dita villa, que por rason que eu conpley de Roy Peres, notario desta dita villa tres morauedis que auia de foro enna orta de vos o dito Gomes Afonso, a qual orta jaz ao longo do rio da Agoela, et da outra parte tense cono agro de Enes da Agoela, et sal con porta enno canpo do conçello desta dita villa, que esta a sobre la torre grande; oos quaes tres morauedis de foro ho dito Roy Peres avia en cada huun anno de foro para senpre enna dita orta: os dous per Lourenço Afonso, jurado que foy da dita villa, a que Deus perdon, et outro morauedi que lle perteesçia por Maria Bernaldes, a vella, moller que foy do dito Lourenço Afonso e moller que foy despoys de Juan Rodriges Veiro, a quen Deus perdon, herêê que foy da dita Maria Bernaldes per carta de conposison que ontre el e o dito Juan Rodriges avia sobre los bêês da dita Maria Bernaldez, os quaes tres morauedis de foro me uendyo o dito Roy Peres enna dita orta para senpre por preço et contia de çen morauedis desta moneda corrente, contando a branqua en tres dineiros et dez dineiros por marauedi; et por ende eu de miña propia et libre voontade traspaso en vos o dito Gomes Afonso, notario da dita villa, et en vosa moller que ora he Clara Dominges, a dita conpla do dito foro dos ditos tres morauedis da dita orta para senpre, por quanto a eu merquey para vos et dos vosos dineiros propios, et por eso traspaso en vos a dita conpla dos ditos tres morauedis et do dito foro para senple, et rogo et pido a este notario per que traspaso en vos a dita conpla, per que pasou a dita conpla, que vos la de et entrege; et vola ajo de fazer sââ et de paz senpre a todo tenpo en juiso et fora del per min et per meus bêêns que vos para elo obligo per los bêêns do dito Roy Peres, que me para elo son obligados enna dita carta de conpla; todo jur et posison et propiedade et voz et auçon et dereito que eu ennos ditos tres morayedis de foro da dita orta por vertude da dita conpla que asy delles fiz ao dito Roy Peres de min et de minas vozes o tiro et tollo et en vos o sobredito Gomes Afonso et vosa moller Clara Dominges et vosas vozes o poño et traspaso et remouo per esta carta de venda et traspasamento, que vos delo faço para que façades delo et de parte delo toda vosa voontade paras enpre conmo de vosa cousa propia, sen meu enbargo et de miñas voses et doutro alguun, et vos dou poder que vos per vos ou per quen vos queserdes posades entrar et reçeber o jur et a posison do dito foro da dita orta sen meu enbargo et de miñas vozes et doutro alguun.
|