logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Sabean todos que eu Tareija Fonso de Soeuos, moller de Juan de Soeuos, vezinos da vila de Muro, que aqui presente sôô, et con poder et liçençia et abtoridade do dito Johan de Soeuos, meu marido, que aqui presente esta, que me el da et outorga para esto adeante contiudo, et que faço por min et por toda miña voz, eu, non costrengida por força nen debeçuda por engano, mais de mina propia et libre et boa voontade, confeso et outorgo que uendo firmemente et outorgo et dou por jur de herdade para todo senpre jamais a vos Gomez Afonso, notario, et a Clara Dominges, vosa moller, vesinos desta dita vila de Muro, que aqui anbos presentes et reçebentes sodes, et a todas vosas vozes, conuen a saber, todas las herdades et casas et casaes et eyras et formaes, cortes et cortinas, agros et arrôôs, resios et junqueiras, entradas et saydas, aruores et chantados et deuesas, con todas suas dereituras et perteenças que eu ey et a min perteesçen a auer et herdar por parte et herança de Afonso Morzelo, meu padre, que foy, a que Deus perdon, et por conpras et gaanças et avoengo et doaçoes et mandas et por outra qualquer cousa et gisa et maneira et raçon et condiçon qualquer que seja, que me elas perteesçan enno vilar de Canbeiro de suso et enno Vilar de suso et en Canbeiro de juso, que son enna fligrisia de san Pedro d ' Outes, sitas enno alfoz desta dita vila de Muro, et en suas agras et terminos et herdaduras et en todâ â dita fligrisia de san Pedro d ' Outes, a montes et a fontes; et mais cono enpenamento de çertos morauedis de çertas herdades que fezo Roy de Barcala et Tereija Bezerra, sua moller, moradores enna vila de Noya, ao dito Afonso Marzelo enna dita fligrisia; et as quaes ditas herdades et cousa sobreditas perteesçian ao dito Afonso Morzelo, meu padre, por carta publica de conpra que el delas fezo a Dominga Martins, que fuy, filla de Fernan de Veiga et de Sancha Oanes, sua moller, moradores que foron enna dita villa de Noya, et por outra conpra que o dito meu padre fezo a Gonçaluo Salton, clerigo, que fuy; et por outra conpra que el fezo a Juan Grayño, mercader, uezino desta dita uila de Muro; et por todas las outras quaesquer conpras et gaanças et avoengo et mandas et donaçoes et por outra qualquer gisa et maneira et razon et condiçon et cousa qualquer que seja, que me ellas y perteescan ennos ditos lugares et en cada huun deles et en toda a dita fligrisia et en suas agras et herdaduras et terminos et montes et pastos a montes et a fontes, et as quaes ditas herdades et cousas sobreditas todas vos deuo et ey de fazer quitas et libres et desenbargadas todas da dezema delas de Môôr de Vilar, moller que foy do dito meu padre, que fuy, senpre a todo tenpo do mundo; conven a saber, por contia de quatroçentos morauedis de moneda vella, contando branqua en tres dineiros, os quaes ditos morauedis todos ben et cunplidamente eu logo de vos aqui reçebo en dineiros feitos, en branquas, todos aqui contantes, en presençia deste notario et destas testemoyas ajuso escriptas, et dos quaes ditos morauedis todos ben et conpridamente me eu logo aqui dou et outorgo et teno de uos por moy ben entrega et paga et contenta et satisfeita a toda miña voontade; et por ende, se mais valen todas las ditas herdades et cousas sobreditas que a dita contia de morauedis suso escripta, douvoslo et doo toda esa mayosia, se a hy ha, en pura, saa, firme et forte et valedeira et boa doaçon para todo senpre jamais per jur de herdade, asi conmo boa doaçon, a mais firme et forte et valedeira pode et deue seer et de dereito mais valer para todo senpre ontre viuos en juizo et fora del; et todo jur et señorio et voz et abçon et dereito et question et avoengo et enpenamento et conpras que eu ou minma voz en elo todo avia et auer poderia en qualquer parte et gisa et maneira et razon que seja ata este dito presente dia, de min et de mina voz o tiro et tollo et en vos et en vosas vozes o pono et remouo et traspaso para todo senpre jamais por jur de herdade; et eyvos las a fazer todas de paz, libres et desenbargadas senpre et a todo tenpo do mundo de quenquer que vos las enbargar ou ocupar, ou parte delas, per min et per todos los meus bêês moueles et raizes, auidos et por auer, que vos eu para elo obligo et so pena do dobro da dita contia de morauedis suso escripta, que vos peite eu o miña uoz a vos ou a vosas voses, se vos lo asy non teuer et conprir et agardar.

Ano 1434
Título abreviado FDUSC
Título Fontes documentais da Universidade de Santiago
Referencia Lucas Alvarez, Manuel / Justo Martín, María José (eds.) (1991): Fontes documentais da Universidade de Santiago de Compostela. Pergameos da serie Bens do Arquivo Histórico Universitario (Anos 1237-1537). (Edición diplomática). Santiago: Consello da Cultura Galega.
Capítulo 293
Páxina 350
Autoría Rodrigo Afonso notario publico jurado [...] de Santiago
Tipo/finalidade/xénero Venda
Orixe Orixinal
Lingua
Localización vila de Muro et de seu alfoz-[Muros-C]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL