logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Sabean todos que eu Eluyra Gonçales, moradora enna villa de Noya, moller que agora sôô de Aluaro Afonso Reyno, que presente esta et me da liçençia para o adeante contiudo, por min et por todas miñas vozes vendo firmemente et outorgo para todo senpre et dou por jur de erdade a vos Gomes Afonso, notario da villa de Muro, et a uosa moller Clara Dominges, moradores enna dita villa de Muro, que sodes absentes, ben asy conmo se fosedes presentes, et a todas vosas vozes, conuen a saber, a quarta parte enteyramente de todo o villar de Couello et de Villar coruo que he enna frigisia de san Mamede de Carnota, con todas suas erdades et casas et casares et eyras et formâês et chantados et rios et agoas et montes et con todas suas erdaduras et con todas suas perteenças et dereituras ondequer que vâân a montes et a fontes enna dita fregisia ao quarto dos ditos Villares et a cada huun delles perteesçentes de dentro et de fora, os quaes Villares ora jazen ermos, et os quaes a min perteesçen por parte de mina madre Moor Dominges, et per meus auôôs et per outras quaesquer conpras et gaanças et eranças que a min perteesçan; o qual quarto dos ditos Villares vos vendo enteyramente con todas suas erdades et chantados et senorio et con todas suas perteenças et dereituras ondequer que as aja a montes et a fontes enna dita fregesia, por preço et contia de dozentos morauedis de moneda vella, contando branca en tres dineiros por morauedi, os quaes eu logo reçebo de Gonçaluo Afonso Colles en voso nome en presença de notario et testemoias; et se mays ual esto que uos vendo que a dita contia toda esa mayosia uos dou et outorgo en pura et justa doaçon para todo senpre, asi conmo doaçon mellor pode sêêr et de dereito mays valler ontre vyuos; et todo jur et posison et propiadade et vos et abçon et dereito real et corporal, que eu ey enna dita quarta parte enteyramente dos ditos Villares et erdades et en suas erdaduras ondequer que uaan a montes et a fontes enna dita fregesia de min et de miñas vozes o tiro et tollo et en vos o dito Gomes Afonso et Clara Dominges, uosa moller, o poño et traspaso et remouo per esta presente carta de venda, que vos dello faço; o qual quarto dos ditos villares et erdades eu non ey vendelas, en outra parte enalladas, nen concanbeadas, nen ha en elas çenso nen outro trabuto alguun persona alguna que seja; et vos las ajo de fazer de paz senpre a todo tenpo en juizo et fora del per min et per todos meus bêês mobelles et raizes, auidos et por auer, que uos para ello obligo, para que façades dello et de parte dello toda uosa voontade para senpre, conmo de vosa cousa propia sen meu enbargo et de miñas uozes et doutro alguun, et vos dou poder que vos per uos ou per quen uos quiserdes posades entrar et reçeber o jur et posison da dita quarta parte dos ditos villares et erdades et señorio delles sen meu enbargo et de miñas vozes et de outro alguun.

Ano 1434
Título abreviado FDUSC
Título Fontes documentais da Universidade de Santiago
Referencia Lucas Alvarez, Manuel / Justo Martín, María José (eds.) (1991): Fontes documentais da Universidade de Santiago de Compostela. Pergameos da serie Bens do Arquivo Histórico Universitario (Anos 1237-1537). (Edición diplomática). Santiago: Consello da Cultura Galega.
Capítulo 297
Páxina 360
Autoría Pero de Goday notario publico [...] Arçebispo de Santiago
Tipo/finalidade/xénero Venda
Orixe Orixinal
Lingua
Localización vila de Noya et em seu julgado-[Noia-C]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL