logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Et eu o dito Gonçaluo da Manda, que presente sôô, per min et per todas minas vozes asy o reçebo, et por esto que dito he eu o dito Gonçaluo da Manda, por min et por todas minas vozes dou a vos a dita Sancha Afonso da Beyga, muller do dito Ares Peres de Baruta, et a todas vosas vozes para todo senpre em concabeo por llo dito quarto de casas sobreditas, conven a saber, todas llas erdades et casas et casaes et eyras et formâês et chantados que eu ey et a min perteeçen a erdar et auer enna villa de Ventin et de Seres et em suas erdaduras ondequer que caan a montes et a fontes, que he so o syno de santiago de Louro et de san Juan de Seres, as quaes erdades a min perteeçen por parte de mina tiia Moor Peres de Ventin, muller que foy de Domingo de Ventin; et eso meesmo vos dou mays duas disimas et media d ' erdades et casas et chantados, que eu ey et a min perteeçen em Talle et enna Amira et em suas erdaduras que he so o sino de Santiago de Talle et enna Amira, et em suas erdaduras, que he su o sino desantiago de Talle et de san Giâô de Torea, ondequer que vaan a montes et a fontes no casal dos Costeyros, a as quaes erdades a min perteesçen por mina avoa Maria Rola, por conpla que dellas fiis a Juan Costeyro, fillo de Juan Palion, et por outras quaesquer conplas et ganças et erança que me y perteçan; as quaes erdades et casas et chantados et deuesas et aruores a ellas perteesçentes vos dou em concanbea por llo dito quarto de casas sobreditas para todo senpre, para que façades dello et de parte dello toda vosa voontade para senpre conmo de vosa cousa propria sem meu enbargo et de minas vozes et doutro alguno; et vos ajo de fazer de paz as ditas erdades et casas et chantados senpre a todo tenpo en juiso et fora del por min et por meus bees, que vos para elo obligo.

Ano 1435
Título abreviado FDUSC
Título Fontes documentais da Universidade de Santiago
Referencia Lucas Alvarez, Manuel / Justo Martín, María José (eds.) (1991): Fontes documentais da Universidade de Santiago de Compostela. Pergameos da serie Bens do Arquivo Histórico Universitario (Anos 1237-1537). (Edición diplomática). Santiago: Consello da Cultura Galega.
Capítulo 301
Páxina 370
Autoría Gomes Afonso notario publico jurado [...] de Santiago
Tipo/finalidade/xénero Composición, Concambia e Avinza ["carta de conposison et concanbea et aviinça"]
Orixe Orixinal
Lingua
Localización villa de Muro et de seu alfoz-[Muros-C]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL