logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Que por quanto eu o dito Gomes Afonso et a dita moller Clara Dominges avemos et nos perteesçe de aver os dous terços do casal dos Cernudos, con seus herdamentos, casas, casares et chantados ao dito casal perteesçentes, o qual he enno couto de san Giaao de Beba, et por quanto enno dito casal o dito don abade et o dito noso moesteiro y avemos en cada vn anno os dous terços de huna façendeira, et por quanto o dito casal se vay a perdiçon por cabsa da dita façendeira, por se non achar labrador que o labre por cabsa dela; et eso mêêsmo eu o dito Gomes Afonso et Clara Dominges, mina moller, avemos mays outra parte enno casal et herdades que dizen de Juan Nââo, que he enno dito couto enno lugar de Vilaryno; por ende, por esto sobredito, eu o dito Gomes Afonso por myn et por la dita mia moller Clara Dominges, et por mias vozes et suas, dou et outorgo doje este dia endeante para todo senpre ao dito moesteiro de san Justo de Tojosoutos et a vos o dito don abade et a vosos subçesores, conuen a saber, os dous terços da leira da Senrra perra et dous terços da leira do Abrigeiro et os dous terços do tallo darriba dos Pardaes, que son da dita vos dos Cernudos, que jazen en Fontââo da dita frigresia de san Giââo de Beba, para que sejan asy libres et quitas do dito moesteiro et de vos o dito don abade et de vosos subçesores para todo senpre, et todo jur, senorio, posison, propiedade, voz et abçon et dereito que eu, o dito Gomes Afonso et a dita Clara Dominges mina moller et cada uun de nos, avemos et nos perteesçe a aver en todo esto sobredito que vos asy dou, de myn et de miñas vozes et da dita mina moller et suas vozes o tollo et parto et quito, et enno dito moesteiro et en vos o dito abade et en vosos subçesores o poño et traspaso et remouo por este presente contrabto, que vos ende delo dou et outorgo en lugar de senorio et posison corporal, o qual quero et outorgoo que vos o dito don abade de aqui endeante vos et vosos subçesores, quando et cada que quiserdes, sen pena alguna, posades entrar, resçebyr et demandar et têêr et vsar et pesoyr et fazer dele toda vosa voontade, conmo de vosa cousa propia, sen enbargo de myn o dito Gomes Afonso et Clara Dominges, mina moller, et de nosas vozes; o qual vos prometo fazer sââo et de paz libres, desenbargadas nos et nosas vozes a vos et a vosos subçesores et ao dito moesteiro et convento del de qualquer persona que vos las ynquietar, demandar ou enbargar, per min et per meus bêês que vos a elo obligo.

Ano 1436
Título abreviado FDUSC
Título Fontes documentais da Universidade de Santiago
Referencia Lucas Alvarez, Manuel / Justo Martín, María José (eds.) (1991): Fontes documentais da Universidade de Santiago de Compostela. Pergameos da serie Bens do Arquivo Histórico Universitario (Anos 1237-1537). (Edición diplomática). Santiago: Consello da Cultura Galega.
Capítulo 306
Páxina 383
Autoría Gonçalo Garçia de Maçarelas [...] señor arçobispo de Santiago
Tipo/finalidade/xénero Avinza e composizón
Orixe Orixinal
Lingua
Localización conçello de Noya-[Noia-C]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL