logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Sabean todos que eu Juan d ' Esteyro, laurador, morador que sey en Bornalle, que faço por min et por todas miñas voses, vendo firmemente et outorgo para todo senpre et dou por jur d ' erdade a vos Gomes Afonso, notario da villa de Muro, et a vosa moller que agora he Clara Dominges et a todas uosas voses, conven a saber, todas las herdades, et casas et casaes et eyras et formaas et chantados que eu et meu yrmâôo Afonso d ' Esteyro, a que Deus perdon, avyamos et avemos et nos perteeçe en Vilar de Covelo et en Vilar coruo et en suas herdaduras, ondequer que vaan a montes et a fontes, que he su o signo de san Mamede de Carnota, as quaes herdades a min et a meu yrmâô perteeçen por nosa madre Maria Ferrandes, et por outras quaesquer conplas et gaanças et eranças que nos perteesçan ennos ditos vilares et cada huun deles; as quaes ditas erdades vos vendo por preço et contia de dose morauedis de moneda vella, contando branqua en tres dineiros et des dineiros por morauedil, os quaes me destes et pagastes et eu de vos reçebi et me dou et outorgo deles por ben pago en presençia do notario et testemoyas; et se mays val esto que vos vendo, douvolo et outorgo en pura et justa doaçon para todo senpre asi conmo doaçon mellor pode seer et de dereito mays valer entre viuos; et todo jur, et posison et propiedade et dereito et vos et abçon que eu et o dito meu yrmââo aviamos ennos ditos vilares et en cada huun deles et en suas herdaduras de min et de miñas vozes et do dito Afonso d ' Esteyro meu yrmââo et de suas vozes o tiro et tolo, et en vos os sobreditos Gomes Afonso et vosa moller et vosas vozes o pono et traspaso et remouo por esta presente carta de venda que vos delo faço, para que façades delo et de parte delo toda vosa voontade para senpre conmo de vosa cousa propia, sen meu enbargo et de miñas voses et do dito Afonso d ' Esteyro et doutro algun; et uos ajo de faser de pas esto que vos vendo senpre a todo tenpo en juiso et fora del per min et per meus bêês que vos para elo obligo, et vos dou poder que vos per vos ou per quen vos quiserdes posades entrar, reçeber o jur et posison et propiedade das ditas erdades et casas sen meu enbargo et de miñas voses et doutro algun.

Ano 1436
Título abreviado FDUSC
Título Fontes documentais da Universidade de Santiago
Referencia Lucas Alvarez, Manuel / Justo Martín, María José (eds.) (1991): Fontes documentais da Universidade de Santiago de Compostela. Pergameos da serie Bens do Arquivo Histórico Universitario (Anos 1237-1537). (Edición diplomática). Santiago: Consello da Cultura Galega.
Capítulo 307
Páxina 385
Autoría Vaasco Peres do Canpo [...] et de seu alfos
Tipo/finalidade/xénero Venda
Orixe Orixinal
Lingua
Localización villa de Muro et de seu alfos-[Muros-C]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL