logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Outrosi vos dou et outorgo et desenbargo et retifiquo todas llas outras herdades que eu ey en Jusoa et en Olueira, et en Cornido et en Louredo et em outro qualquer lugar, que as eu aja et a min pertençan en qualquer maneira et por qualquer rason en todo o alfos de Muro et en suas herdaduras, ondequer que as eu aja et me perteesçan enno dito alfos; et todo jur et posison et propiedade et vos et abçon et dereito real et corporal que eu ey nas ditas herdades en en par[te] dellas de min et de minas voses o tiro et tollo et en vos o sobredito o poño et traspaso et remouo per esta presente carta de desenbargo, que vos dellas faço, para que façades dello et de parte dello toda voontade para senpre conmo de vosa cousa propia sen meu enbargo et de mias voses et doutro alguno, et vos ajo de faser de pas esto que vos dou et desenbargo senpre a todo tenpo et juiso et fora del per min et per meus bêês que vos para ello obligo, et vos dou poder que uos per vos ou per quen quiserdes posades entrar et reçeber todas las sobreditas herdades et parte dellas, et jur et posison dellas, et demandallas con todos os novos et rendas dos tenpos pasados, et dar dello et de parte dello carta et cartas de pago et de quitamento, et entrar en juiso et dedandallas a dereito, se mester for, et tal et tan conprido poder conmo eu ey para todo en sobredito he cada cousa et parte dello, outro tal et tan conprido o dou et outorgo a vos o dito Gomes Afonso et a Clara Dominges, vosa moller, para todo o que sobredito he asi em juiso conmo fora del, et renunçio toda eiseçion que nunca diga o contrario en juiso nen fora del, nen em outra maneira alguna; et renunçio a ley do engaño et do herro et masconto, et a ley et dereito que dis que ome pode yr contra a confeson que faz en termino de hun anno et de dous annos, et a todallas outras leis et dereito que en mina ajuda posan seer contra esto que dito he et contra parte dello.

Ano 1436
Título abreviado FDUSC
Título Fontes documentais da Universidade de Santiago
Referencia Lucas Alvarez, Manuel / Justo Martín, María José (eds.) (1991): Fontes documentais da Universidade de Santiago de Compostela. Pergameos da serie Bens do Arquivo Histórico Universitario (Anos 1237-1537). (Edición diplomática). Santiago: Consello da Cultura Galega.
Capítulo 309
Páxina 388
Autoría Pero Mouron notario publico [...] por lo señor arçobispo de Santiago
Tipo/finalidade/xénero Desembargo ["carta de desenbargo"]
Orixe Orixinal
Lingua
Localización villa de Muro et de seu alfoz-[Muros-C]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL