Sabean quantos esta carta viren conmo eu Fernan Gonçalues do Preguntoyro, notario da çidade de Santiago, por min et por miña moller Maria Martins, et por todas miñas vozes, herdeiros et soçesores, non costrengido per força, nen enduzido por engano, mays de miña propia et liure voontade, outorgo et conosco que dou en doaçon a Clara Sanches, filla de Diego Rodrigues, juiz que foy da vila de Muro, cuja alma Deus aja, et de Tareija Sanches de Moscoso, sua moller que foy, segundo et enna maneira que doaçon mellor pode sêêr et de dereito mais valer ontre vivos doje este dia endeante para todo senpre aquela casa con seus sotoos et sobrados, con todos seus eixidos et suas perteenças et dereituras, que esta no arrabaldo da vila de Muro, enna rua que vay para a iglleia de san Pedro junto cona fonte da dita vila, en que soya morar Martin Juan Ferreiro.
|