logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Sabean todos que sobre pleitos e contendas e demandas que son e asperan seer entre min Gomes Afonso, notario da villa de Muro, por min, da huna parte, e eu Juan Castelo, morador ena Garda, fregesia de san Giâô de Beba, por min e en nonbre de mina moller Moor Fernandes, da qual me obligo de dar outorgamento senpre a todo tenpo desto adeante contiudo, so a pena ajuso escripta, por min e por todos meus bêês moueles e raizes, avidos e por ayer que para elo obligo por min, da outra parte, sobre razon de çertas herdades que Juan Grayño, morador en esta vila de Muro conprou de Albertina de Cambeiro e de Afonso Yanes d Entíís, clerigo, e de Gonçaluo Buchon, çapateiro, morador en Noya, que jasen en Beba e Fontââo e en suas herdaduras enno casal de Çernados, que he enna fregesia de san Giââo de Beba, as quaes erdades vos o dito Gomes Afonso conplastes ao dito Juan Grayño e estââs enno jur e posison delas des lo tenpo que as asi conplastes ao dito Juan Grayño; as quaes erdades sobreditas eu o dito Juan Castelo digo que perteesçen a min e a dita mina moller por lo justo preço, e vos o dito Gomes Afonso dizedes que non, non requerimos en tenpo deuido e por eso que as non deuemos de auer; sobre lo qual contendemos e entendemos de contender, e por tal de nos quitar, evitar dos pleitos e juizos e virieemos a bôô amor e paz e concordia, de nosos plazeres e libres voontades conprometemos en nosos omes bôôs arbitradores, amigaueles conpoedores e juizes de avíínça, conuen a saber: eu o dito Juan Castelo por min e en nome da dita Moor Fernandes, mina moller, en Ferran de Moraño, mercador, morador enna dita vila de Muro; e eu o dito Gomes Afonso, notario, en Gomes Ares Coles, mercador, vesino da dita vila, asi conmo en nosos homes bôôs arbitros arbitradores, amigaueles conpoedores e juizes de avíínça, asi que quanto os ditos nosos homes bôôs arbitros anbos juntamente en huun acordo e consello julgaren, mandaren e loaren e conposeren e por ben teueren, e por sentença deren en dia feriado ou non feriado, a orden e a regla do dereito agardada ou non agardada, partes presentes ou non presentes, a huna das partes presente e a outra non presente, seendo ou estando, tomando o que he de una parte et dandôô a outra, asy grande contia conmo pequena, conmo eles quiseren e por ben teueren, firme e estauel seja ontre nos partes para senpre; e prometemos e outorgamos de o teer e conplir e agardar e de non yr contra elo por nos nen per outro, en juiso nen fora del en outra maneira alguna, por juramento que ende fezemos en este signal de cruz (+) que con nosas mââos dereitas tangemos en lugar de santos auanjeus, dondequer que estan, so pena de seer enfames e fe perjuros e menos valer, e que peyte por pena e en nome de pena e interese çinquo mille morauedis desta moneda corrente contando a branca en tres dineiros que peyte e page qualquer de nos partes que o non teuer e conplir a a outra parte que o teuer e conplir e agardar, para o qual nos e cada uun de nos obligamos a elo a nos e a nosos bêês moueles e rayzes ondequer que os ajamos mellor parados; e da sentença e julgo e mando e aviinça que os ditos homes bôôs arbitros anbos juntamente en huun acordo e en huna contia ontre nos partes deren e mandaren, julgarem e por sentença deren por palaura ou per escrito non deuemos delo apelar nen soplicar nen nos chamar, nen recorrer sobre elo a arbidro de bon varon, ante o prometemos e outorgamos de o teer e conprir e agoardar e de non yremos nen viiremos contra elo, nen contra parte delo so a dita pena e juramento sobredito.

Ano 1441
Título abreviado FDUSC
Título Fontes documentais da Universidade de Santiago
Referencia Lucas Alvarez, Manuel / Justo Martín, María José (eds.) (1991): Fontes documentais da Universidade de Santiago de Compostela. Pergameos da serie Bens do Arquivo Histórico Universitario (Anos 1237-1537). (Edición diplomática). Santiago: Consello da Cultura Galega.
Capítulo 321
Páxina 410
Autoría Martin Migelles notario [...] por lo señor arçobispo de Santiago
Tipo/finalidade/xénero Compromiso
Orixe Orixinal
Lingua
Localización vila de Muro e do seu alfoz-[Muros-C]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL