As quaes ditas erdades e casas e casaes e eyras e formaes e feas sobreditos vos desenbargo e dou para todo senpre porque me plaz se as ende ey, e he asy mina vontade, e porque vos sodes delo been mereçedores, e porque vos sôô tyudo asy por la manda de meu padre Roy Martins de Landeyra, e por outras moytas escriputras que me destes sen dineiro; e vos dou poder que posades entrar e reçeber vos e vosas vozes en o jur e pisison das ditas casas e erdades e rendas dellas seen meu enbargo e de minas vozes e doutro alguno; e todo jur e posison e propriadade e vos e auçon e dereito que eu ey nas sobreditas erdades e parte dellas por la liidima erança e en outra qualquer maneira e por qualquer razon que lle pertesça nos ditos Villares de min e de minas vozes o tyro e tollo; en vos os sobreditos Gomes Afonso e Clara Dominges, vosas vozes, o poño e traspaso e remouo per esta carta de doaçon e desenbargo que vos faço das ditas erdades, para que façades delo e de parte dello toda vosa voontade sen meu enbargo e de minas vozes e doutro alguno; e prometo e outorgo de non yr contra ello per min nen per outro en juizo nen foral del, nen en outra maneira alguna, a bôâ fe, sen mââo engaño, e por juramento que ende faço en este signal de (+) en lugar dos santos auangeus que con miña mââo dereita tango, segundo forma de dereito; e se contra elo for, o que Deus non queyra, que seja enfames e pe[r]juro, e peyte a vos e a vosas vozes eu ou minas vozes dous mille morauedis desta moeda corrente, contando branqua vella en tres dineiros e des dineiros por morauedi; por lla qual pena, sêê en ella caer vos oblygo min e meus bêês movelles e reyzes ondequer que os aja mellor parados.
|