Sabean todos conmo eu Gonçaluo Franquo de Çepeda, morador enna frigesia de san Mamede de Carnota, que presente soo, de mina libre e propria voontade, que faço por min e por todas minas vozes, outorgo e conosco que por esta presente carta aforo e dou en aforamento doje este dia endeante por tenpo de çento e huun annos e de ali por senpre a vos Fernan Casquiço, vesino do porto de Çee, e a vosa muller Catalina Gomes, e a vosas vozes e suas dela, conuen a saber todas las erdades que eu conprey a Meçia Franqua, miña yrmââ, muller de Alonso Dominges de Louro, morador en Louro, as quaes ditas erdades que asy lle conprey e a vos aforo son sitas enno lugar de Agro longo e ennos villares do Outeiro d ' Adrano, e ondequer que as ela teña ennos ditos lugares, asi casas, casares e eyras e chantados a montes e a fontes e brabadegos que lles asy perteeçen, e a min en seu nome, por parte de Juan Franquo seu padre e por parte de sua madre; por las quaes ditas erdades me avedes de dar e pagar de foro en cada huun anno des morauedis saluados sen desconto alguno por cada dia de san Migell de sentenbro en esta vila de Muro, de cada anno; e ho qual eu conosco e outorgo que reçebo de vos o dito foro de çento e huun annos primeiros segentes, que me dades e pagades en presençia do notario et testimoyas, que monta mill e dez marauedis vellos, onde confeso que soo entrego e pago de todo elo a mina voontade.
|