Documentos de traballo

Nesta sección pódense descargar a guía con indicacións para a recollida dos datos, os cadernos de traballo, as imaxes que os acompañan, para a súa visualización desde dispositivos electrónicos, e as follas de cálculo onde se rexistrará o léxico recollido.
Os cadernos de traballo conteñen unha serie de preguntas para a realización das entrevistas e, cando se considerou necesario, imaxes de apoio. Os cuestionarios non son pechados, isto é, poderanse incluír novas preguntas ou excluír/modificar algunhas das existentes.
Unha vez realizadas as entrevistas, os datos obtidos volcaranse nas follas de cálculo dispoñibilizadas. Na primeira páxina da folla introduciranse os datos do centro e nas páxinas seguintes, creadas en relación con cada unha das preguntas dos cadernos de traballo, o léxico recollido. Cada denominación ten que levar asociada unha categoría, a súa definición e a indicación do lugar e do concello onde se rexistrou. É imprescindible especificar o concello para poder xeolocalizar o léxico na aplicación do proxecto GEOARPAD, onde se integra o programa Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional. No campo observacións poderanse incluír comentarios dos e das informantes sobre diferenzas de significado, usos, refráns, adiviñas, crenzas etc., así como comentarios da persoa responsable da enquisa.

Guía de traballo

Nesta guía ofrécense instrucións, recomendacións e consellos para a realización das entrevistas e rexistro do léxico, polo que debe procederse á súa lectura antes de iniciar o proceso de recolla.

Guía de traballo (PDF)


 

Descarga dos materiais de traballo

a madeira e a carpintería

Aprendín a carpinteiro
na vila de Guimaráns.
Fago cangallas pra os porcos
e tarambollos para os cans.

Ebanista traballando

 

Caderno de enquisa (PDF)
Follas para os datos (Excel ou OpenDocument)
Imaxes (zip)
o  mar

Mar de andazo, non che faltará argazo.

Mulleres transportando algas
Mulleres a transportar algas
Caderno de enquisa (PDF)
Follas para os datos (Excel ou OpenDocument)
Imaxes (zip)
o pan

Ara ben e fondo e collerás pan dabondo.

Pan cocido nun forno comunal
Caderno de enquisa (PDF)
Follas para os datos (Excel ou OpenDocument)
Imaxes (zip)
o porco e os embutidos

Ó matar o porco, praceres e xogos; ó comer as morcillas, trouladas e risas; e ó pagar o porco, pesares e choros.

Felos de Maceda (Ourense)
Caderno de enquisa (PDF)
Follas para os datos (Excel ou OpenDocument)
Imaxes (zip)
os tecidos e a costura

Costureira sen dedal cose ben e apreta mal.

Costureira de Isaac Díaz Pardo
Caderno de enquisa (PDF)
Follas para os datos (Excel ou OpenDocument)
Imaxes (zip)

 

o viño e a vendima

Mentres auga teña o Miño, no Ribeiro non falta o viño.

O Ribeiro
Caderno de enquisa (PDF)
Follas para os datos (Excel ou OpenDocument)
Imaxes (zip)
os Xogos e os xoguetes

Polo San Martiño, trompos ó camiño.

Xogo do trompo
Caderno de enquisa (PDF)
Follas para os datos (Excel ou OpenDocument)
Imaxes (zip)