{"id":3218,"date":"2011-03-18T11:06:00","date_gmt":"2011-03-18T10:06:00","guid":{"rendered":"http:\/\/ilg.usc.gal\/agon\/2025\/02\/28\/a-normalizacion-da-toponimia\/"},"modified":"2025-03-02T17:14:11","modified_gmt":"2025-03-02T16:14:11","slug":"a-normalizacion-da-toponimia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/ilg.usc.gal\/agon\/a-normalizacion-da-toponimia\/","title":{"rendered":"A normalizaci\u00f3n da toponimia"},"content":{"rendered":"<p>A Lei de normalizaci\u00f3n ling\u00fc\u00edstica (3\/1983, de 15 de<strong> <\/strong>xu\u00f1o) estableceu que \u201cos top\u00f3nimos de Galicia ter\u00e1n como \u00fanica forma oficial a galega\u201d. A partir deste momento, a Xunta de Galicia encomendoulle a fixaci\u00f3n dos top\u00f3nimos galegos \u00e1 Comisi\u00f3n de Toponimia, quen acabou publicando o <a href=\"http:\/\/www.xunta.es\/toponimia-e-nomenclator\"><em><strong>Nomencl\u00e1tor de Galicia<\/strong><\/em><\/a> en 2003. \u00a0Actualmente existen uns criterios de estandarizaci\u00f3n da toponimia maior, que est\u00e1 oficializada segundo eses criterios. Pero queda por recoller e fixar a microtoponimia (os nomes de lugar non habitados, tales como terreos, leiras, fontes, pedras, etc.).<\/p>\n<p>Nunha p\u00e1xina <a href=\"http:\/\/toponimia.xunta.es\/gl\/toponimiaengalicia\">web<\/a> da Xunta de Galicia expl\u00edcase o seguinte:<\/p>\n<blockquote><p>Hoxe, a transformaci\u00f3n demogr\u00e1fica e a progresiva desaparici\u00f3n dos modos de vida tradicionais ameazan gravemente a conservaci\u00f3n deste riqu\u00edsimo patrimonio. Desde hai tempo estase a observar unha preocupante perda da microtoponimia tanto no medio rural coma no urbano. Boa parte dos top\u00f3nimos menores s\u00f3 te\u00f1en vida na fala ou na memoria de persoas de idade, e con cada persoa que morre, ou que abandona a s\u00faa actividade no agro ou no mar, desaparece un bo n\u00famero de top\u00f3nimos.<\/p>\n<p>A Real Academia Galega, nun informe dirixido ao Goberno e ao Parlamento de Galicia no ano 2001, alertaba sobre este feito, nun diagn\u00f3stico que recolle expresi\u00f3ns coma as seguintes: &#8220;O abandono da actividade agraria, o xigantesco proceso de urbanizaci\u00f3n e diversas intervenci\u00f3ns como obras p\u00fablicas ou concentraci\u00f3ns parcelarias po\u00f1en en perigo de desaparici\u00f3n irreversible unha gran parte deste tesouro. [&#8230;] C\u00f3mpre unha acci\u00f3n institucional intensa (que pode estimular a cooperaci\u00f3n privada, como acontece xa con certas Comunidades de Montes) que salve nesta lexislatura este tesouro, na seguridade de que na posterior ser\u00eda xa in\u00fatil intentalo. [&#8230;] A RAG considera boas todas as iniciativas pero advirte de que estamos ante unha emerxencia cultural. Prec\u00edsase un proxecto m\u00e1is ambicioso que nos permita salvar en catro anos a microtoponimia ou estar\u00e9mola dando por perdida para sempre&#8221;.<\/p><\/blockquote>\n<p>V\u00e9xase como exemplo disto unha actuaci\u00f3n en <a href=\"http:\/\/www.culturamaritima.org\/files\/ardentia3\/ardentia3-Rguez-Vilar.pdf\">talasonimia<\/a>, a toponimia do mar, \u00a0onde se pode comprobar a densidade da toponimia recollida previamente nas cartas n\u00e1uticas e a da rexistrada posteriormente:<\/p>\n<p style=\"text-align: center;\"><a rel=\"attachment wp-att-384\" href=\"http:\/\/ilg.usc.es\/agon\/archives\/382\/1-3-a-normalizacion-da-toponimia\/silleiro_antes_despois\/\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-384\" title=\"Silleiro_antes_despois\" src=\"http:\/\/ilg.usc.gal\/agon\/wp-content\/uploads\/2011\/03\/Silleiro_antes_despois.bmp\" alt=\"\" width=\"712\" height=\"260\" \/><\/a><\/p>\n<p>Conforme a isto, a seguinte actuaci\u00f3n da Comisi\u00f3n de Toponimia foi o <em><strong>Proxecto Toponimia de Galicia<\/strong><\/em>, que pretend\u00eda recoller toda a microtoponimia de Galicia, \u201cun plan orientado \u00e1 recolleita, introduci\u00f3n nunha base de datos, normativizaci\u00f3n e dixitalizaci\u00f3n de toda a microtoponimia galega\u201d. Desde que se empezou este traballo, para o que se contaba con t\u00e9cnicos de gabinete e traballadores de campo, recoll\u00e9ronse uns <span style=\"text-decoration: underline;\">400.000 top\u00f3nimos<\/span>, e prevese que en total, cheguen a <span style=\"text-decoration: underline;\">1.200.000,<\/span> sumando as entidades de poboaci\u00f3n, xeogr\u00e1ficas, hidronimia, odonimia e nomes de terras (calc\u00falase que en Galicia existe unha densidade de entre 36 e 40 top\u00f3nimos por km<sup>2<\/sup>).<\/p>\n<p>Actualmente este proxecto est\u00e1 paralizado: non hai ning\u00fan traballador de campo e os t\u00e9cnicos de gabinete foron despedidos. Entretanto,\u00a0case 80 aldeas quedan <a href=\"http:\/\/lacomunidad.elpais.com\/caloma\/2011\/1\/27\/galicia-1-407-aldeas-abandonadas-y-otras-827-con-solo\">deshabitadas<\/a> nun ano en Galicia -e xa van m\u00e1is de 1.400-, \u00a0o que sup\u00f3n a perda irreparable de miles de nomes do noso patrimonio topon\u00edmico.<\/p>\n<p><strong>Algu\u00e9n pode crer a\u00ednda que \u00e1 nosa onom\u00e1stica non lle c\u00f3mpre protecci\u00f3n?<\/strong><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Lei de normalizaci\u00f3n ling\u00fc\u00edstica (3\/1983, de 15 de xu\u00f1o) estableceu que \u201cos top\u00f3nimos de Galicia ter\u00e1n como \u00fanica forma oficial a galega\u201d. A partir deste momento, a Xunta de Galicia encomendoulle a fixaci\u00f3n dos top\u00f3nimos galegos \u00e1 Comisi\u00f3n de Toponimia, quen acabou publicando o Nomencl\u00e1tor de Galicia en 2003. \u00a0Actualmente existen uns criterios de [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-3218","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria"],"acf":[],"mb":[],"mfb_rest_fields":["title"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/ilg.usc.gal\/agon\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3218","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/ilg.usc.gal\/agon\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/ilg.usc.gal\/agon\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/ilg.usc.gal\/agon\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/ilg.usc.gal\/agon\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3218"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/ilg.usc.gal\/agon\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3218\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/ilg.usc.gal\/agon\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3218"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/ilg.usc.gal\/agon\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3218"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/ilg.usc.gal\/agon\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3218"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}