{"id":3222,"date":"2011-04-19T10:13:00","date_gmt":"2011-04-19T08:13:00","guid":{"rendered":"http:\/\/ilg.usc.gal\/agon\/2025\/02\/28\/artigos-de-prensa\/"},"modified":"2025-03-02T17:14:12","modified_gmt":"2025-03-02T16:14:12","slug":"artigos-de-prensa","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/ilg.usc.gal\/agon\/artigos-de-prensa\/","title":{"rendered":"Artigos de prensa"},"content":{"rendered":"<p><strong>Onom\u00e1stica III<\/strong><\/p>\n<p><a rel=\"attachment wp-att-442\" href=\"http:\/\/ilg.usc.es\/agon\/archives\/436\/artigos-de-prensa\/taboleiro-2\/\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignright size-full wp-image-442\" title=\"Taboleiro\" src=\"http:\/\/ilg.usc.gal\/agon\/wp-content\/uploads\/2011\/04\/Taboleiro1.bmp\" alt=\"\" width=\"331\" height=\"330\" \/><\/a>Estes d\u00edas o Concello de Santiago de Compostela est\u00e1 a presentar o xogo did\u00e1ctico\u00a0<em>Atopando Compostela,<\/em> un xogo de mesa sobre a toponimia do concello, para entreterse e aprender coa toponimia, promovido pola Concellar\u00eda de Normalizaci\u00f3n Ling\u00fc\u00edstica do Concello de Santiago e creado por Etnoga, Patrimonio Cultural, empresa de servizos de xesti\u00f3n integral, co asesoramento e a elaboraci\u00f3n dos contidos deste enredo de preguntas e probas por parte da Asociaci\u00f3n Galega de Onom\u00e1stica.<\/p>\n<p>Un dos aspectos importantes ao que hai que referirse constantemente e en cada oportunidadde que se te\u00f1a \u00e9 que a transformaci\u00f3n demogr\u00e1fica e a progresiva desaparici\u00f3n dos modos de vida tradicionais ameazan gravemente a conservaci\u00f3n deste patrimonio inmaterial.<\/p>\n<p>A perda de toponimia tanto no medio rural coma no urbano \u00e9 preocupante. Boa parte dos top\u00f3nimos menores s\u00f3 te\u00f1en vida na fala ou na memoria de persoas de idade, e con cada persoa que morre ou que abandona a s\u00faa actividade desaparecen moitos nomes de lugar.<\/p>\n<p>No ano 2001 a Real Academia Galega, nun informe dirixido ao Goberno e ao Parlamento de Galicia, alertaba sobre este feito, nun diagn\u00f3stico que sinalaba que o abandono da actividade agraria, o xigantesco proceso de urbanizaci\u00f3n e diversas intervenci\u00f3ns como obras p\u00fablicas ou concentraci\u00f3ns parcelarias po\u00f1en en perigo de desaparici\u00f3n irreversible unha gran parte deste tesouro. Nese informe ped\u00edase unha acci\u00f3n institucional intensa que salvase este tesouro. Fal\u00e1base dunha emerxencia. Precis\u00e1base dun proxecto m\u00e1is ambicioso que permitise salvar canto antes a microtoponimia antes de a perder para sempre.<\/p>\n<p>Un dos obxectivos deste xogo, amais de ampliar e precisar o co\u00f1ecemento sobre a toponimia en xeral e os top\u00f3nimos de Santiago de Compostela en particular, \u00e9 valorar os nomes de lugar como elementos de singular importancia no patrimonio cultural que hai que protexer e conservar como calquera outra creaci\u00f3n humana que sobrevive no tempo atravesando as xeraci\u00f3ns e os s\u00e9culos, segundo palabras de Gonzalo Navaza, presidente da Asociaci\u00f3n Galega de Onom\u00e1stica; porque os top\u00f3nimos humanizan o medio f\u00edsico dot\u00e1ndoo de memoria compartida, de tradici\u00f3n, de cultura. Neces\u00edtase unha maior sensibilizaci\u00f3n cara a este patrimonio e precisamos dunha lei como a canadense. Unha lei que recolla, cando menos, as recomendaci\u00f3ns que Naci\u00f3ns Unidas elaborou en 2004 e que tipifique polo mi\u00fado calquera aspecto que permita a conservaci\u00f3n da nosa toponimia e da nosa antroponimia.<\/p>\n<p>Galicia pos\u00fae un valioso patrimonio topon\u00edmico tanto en n\u00famero como en variedade e antig\u00fcidade. Hai que frear o abuso de nomes honor\u00edficos e conmemorativos nas v\u00edas urbanas, de nomes que non significan nada na zona na que se impo\u00f1en, nas novas \u00e1reas urbanas, nas novas urbanizaci\u00f3ns, nos pol\u00edgonos industriais e que deixan soterrados, esquecidos, moitos nomes que poder\u00edan conservarse e seguir identificando os novos espazos no canto de levar nomes monotem\u00e1ticos, tales como o de capitais europeas, en Fonti\u00f1as, de sabios cient\u00edficos, no Pol\u00edgono do Tambre ou de \u00e1rbores sen m\u00e1is como \u00e9 o caso da urbanizaci\u00f3n dos Tilos ou do Pol\u00edgono do Milladoiro, pr\u00f3ximos a Santiago..<\/p>\n<p style=\"text-align: right;\">Xos\u00e9 Ram\u00f3n L\u00f3pez Boull\u00f3n. <em>Galicia Hoxe<\/em>. 13-04-2011<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Onom\u00e1stica III Estes d\u00edas o Concello de Santiago de Compostela est\u00e1 a presentar o xogo did\u00e1ctico\u00a0Atopando Compostela, un xogo de mesa sobre a toponimia do concello, para entreterse e aprender coa toponimia, promovido pola Concellar\u00eda de Normalizaci\u00f3n Ling\u00fc\u00edstica do Concello de Santiago e creado por Etnoga, Patrimonio Cultural, empresa de servizos de xesti\u00f3n integral, co [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-3222","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria"],"acf":[],"mb":[],"mfb_rest_fields":["title"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/ilg.usc.gal\/agon\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3222","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/ilg.usc.gal\/agon\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/ilg.usc.gal\/agon\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/ilg.usc.gal\/agon\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/ilg.usc.gal\/agon\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3222"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/ilg.usc.gal\/agon\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3222\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/ilg.usc.gal\/agon\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3222"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/ilg.usc.gal\/agon\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3222"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/ilg.usc.gal\/agon\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3222"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}