{"id":3261,"date":"2012-06-01T13:33:00","date_gmt":"2012-06-01T11:33:00","guid":{"rendered":"http:\/\/ilg.usc.gal\/agon\/2025\/02\/28\/a-falacia-da-forma-riveira\/"},"modified":"2025-03-02T17:14:15","modified_gmt":"2025-03-02T16:14:15","slug":"a-falacia-da-forma-riveira","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/ilg.usc.gal\/agon\/a-falacia-da-forma-riveira\/","title":{"rendered":"A falacia da forma *Riveira"},"content":{"rendered":"<p><a rel=\"attachment wp-att-781\" href=\"http:\/\/ilg.usc.es\/agon\/archives\/747\/a-falacia-da-forma-riveira\/escuco-2\/\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignleft size-full wp-image-781\" title=\"escuco\" src=\"http:\/\/ilg.usc.gal\/agon\/wp-content\/uploads\/2012\/06\/escuco1.gif\" alt=\"\" width=\"158\" height=\"150\" \/><\/a>En setembro de 1984 \u00a0a Xunta de Galicia publica o decreto polo que se establece o procedemento para a fixaci\u00f3n ou recuperaci\u00f3n da toponimia de Galicia. En 2003 rematouse finalmente a normalizaci\u00f3n de todas as entidades de poboaci\u00f3n galegas, logo de pasar por distintas fases que se iniciaron coa oficializaci\u00f3n dos nomes dos concellos, a maior\u00eda xa no ano 1985.<\/p>\n<p>Alg\u00fans casos, coma os das Pobras, foron pol\u00e9micos. Outros nomes a\u00ednda merecen hoxe unha revisi\u00f3n, coma o caso da Ca\u00f1iza (A Caniza) e o de Ri\u00f3s (Os Ri\u00f3s~Orri\u00f3s). E isto s\u00f3 por falar dos nomes dos concellos.<\/p>\n<p>Con todo, \u00a0chama a atenci\u00f3n o caso de Ribeira, un asunto de insubmisi\u00f3n permanente ante a graf\u00eda correcta xa desde os primeiros momentos da oficializaci\u00f3n do nome por parte da Comisi\u00f3n de Toponimia da Xunta de Galicia.<\/p>\n<p>Como \u00e9 ben sabido, o top\u00f3nimo <strong>Ribeira<\/strong> prov\u00e9n do lat\u00edn RIPARIAM e ten un significado transparente porque coincide coa voz com\u00fan da misma orixe <em>ribeira &#8216;<\/em>franxa de terra que est\u00e1 ao lado dun r\u00edo, dun lago ou do mar&#8217; (DRAG). D\u00e9bese ent\u00f3n escribir con \u2212b\u2212 \u00a0xa que \u00e9 resultado dun \u2212p\u2212 latino, tal como establece a nosa ortograf\u00eda, que \u00e9 etimol\u00f3xica (NOMIG, p. 8).<a rel=\"attachment wp-att-773\" href=\"http:\/\/ilg.usc.es\/agon\/archives\/747\/a-falacia-da-forma-riveira\/titerehop_riveira2-4\/\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"size-medium wp-image-773 alignright\" title=\"titerehop_riveira2\" src=\"http:\/\/ilg.usc.gal\/agon\/wp-content\/uploads\/2012\/06\/titerehop_riveira23.jpg\" alt=\"\" width=\"213\" height=\"300\" \/><\/a><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>O concello mant\u00e9n a forma <strong>*Riveira<\/strong> na s\u00faa documentaci\u00f3n en connivencia coa propia Xunta de Galicia que incumpre as\u00ed as propias leis que promulga, coma a lei de Normalizaci\u00f3n, cando, por exemplo, lle d\u00e1 publicidade \u00f3 programa FalaRedes da SXNL co top\u00f3nimo incorrecto.<\/p>\n<p>Co argumento de que \u00e9 a forma <a href=\"http:\/\/www.lavozdegalicia.es\/barbanza\/2009\/04\/26\/0003_7676908.htm\">&#8220;de toda la vida&#8221;<\/a>, \u00a0a corporaci\u00f3n municipal de Ribeira aprobara xa en 1984 a forma deturpada, logo do informe do cronista oficial da vila que defend\u00eda que o <a href=\"http:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Riveira\">nome do concello<\/a> xamais aparec\u00eda na documentaci\u00f3n antiga coa graf\u00eda etimol\u00f3xica e que realmente o top\u00f3nimo provi\u00f1a do apelido dunha suposta familia Mari\u00f1o de Rivera \u00e1 que o rei de Castela (???) lle dera carta de pobramento sobre esas terras no s\u00e9culo XII.<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/ilg.usc.es\/agon\/wp-content\/uploads\/2012\/06\/Dibujo1.jpg\" target=\"_blank\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignleft size-medium wp-image-759\" title=\"Dibujo\" src=\"http:\/\/ilg.usc.gal\/agon\/wp-content\/uploads\/2012\/06\/Dibujo1.jpg\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"234\" \/><\/a>Non s\u00f3 \u00e9 falso que haxa unha tradici\u00f3n gr\u00e1fica da forma *Riveira, como se pode comprobar cuns poucos exemplos da parroquia que lle d\u00e1 nome \u00f3 concello, seleccionados \u00f3 chou nos nosos fondos documentais e que se amosan na imaxe do lado esquerdo (pr\u00e9mase nela para vela ampliada), sen\u00f3n tam\u00e9n que a coroa de Castela non est\u00e1 considerada como <a href=\"http:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Coroa_de_Castela\">entidade hist\u00f3rica<\/a> ata o s\u00e9culo XIII, con Fernando III o Santo (antes s\u00f3 ti\u00f1a consideraci\u00f3n de condado).<\/p>\n<p>Amais disto, as primeiras referencias xeneal\u00f3xicas a un apelido Mari\u00f1o de Ribera (con \u2212b\u2212, por certo, como se pode comprobar no exemplo m\u00e1is \u00e1 dereita da imaxe), son do s\u00e9culo xv, na figura de Gonzalo Mari\u00f1o de Ribera [\u253c1435], emparentado coa casa de Soutomaior cando un <a href=\"http:\/\/www.sologenealogia.com\/gen\/getperson.php?personID=I74319&amp;tree=001\">Ribeira<\/a> da terra de Limia (en Xinzo hai as parroquias de Cima de Ribeira, Mosteiro de Ribeira e Parada de Ribeira), se uniu en matrimonio cunha Mari\u00f1o.<\/p>\n<p>Por tanto, est\u00e1 claro que o cambio de &lt;b&gt; a &lt;v&gt; foi posterior \u00e1 Idade Media. A atestaci\u00f3n m\u00e1is antiga que atopamos con &lt;v&gt; procede das memorias do cardeal Jer\u00f3nimo del Hoyo (ano 1607), onde se rexistra &#8220;Sancta Eugenia de Rivera&#8221;, con castelanizaci\u00f3n tam\u00e9n do haxiotop\u00f3nimo. Unha forma semellante tam\u00e9n figura nos materiais do catastro de Ensenada: &#8220;Santa Eugenia de Riveira&#8221;.<\/p>\n<p>A castelanizaci\u00f3n que a partir do s\u00e9culo XV sufriu o noso pa\u00eds e a nosa toponimia \u00e9 a causante destas formas deturpadas, que non son nin galegas nin tan &#8220;de toda a vida&#8221; como alg\u00fans cren. Acae aqu\u00ed o dito castel\u00e1n de querer &#8220;descender de la pata del Cid&#8221; mesmo botando man da ignorancia, cando as nosas orixes son tan nobres e antigas coma a desta vila que recibe o honroso \u00a0nome de &#8220;a que est\u00e1 \u00f3 p\u00e9 do mar&#8221;.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>En setembro de 1984 \u00a0a Xunta de Galicia publica o decreto polo que se establece o procedemento para a fixaci\u00f3n ou recuperaci\u00f3n da toponimia de Galicia. En 2003 rematouse finalmente a normalizaci\u00f3n de todas as entidades de poboaci\u00f3n galegas, logo de pasar por distintas fases que se iniciaron coa oficializaci\u00f3n dos nomes dos concellos, a [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-3261","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria"],"acf":[],"mb":[],"mfb_rest_fields":["title"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/ilg.usc.gal\/agon\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3261","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/ilg.usc.gal\/agon\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/ilg.usc.gal\/agon\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/ilg.usc.gal\/agon\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/ilg.usc.gal\/agon\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3261"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/ilg.usc.gal\/agon\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3261\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/ilg.usc.gal\/agon\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3261"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/ilg.usc.gal\/agon\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3261"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/ilg.usc.gal\/agon\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3261"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}