{"id":3333,"date":"2014-12-02T16:43:00","date_gmt":"2014-12-02T15:43:00","guid":{"rendered":"http:\/\/ilg.usc.gal\/agon\/2025\/02\/28\/os-apelidos-galegos-de-gas-natural-fenosa\/"},"modified":"2025-03-02T17:14:18","modified_gmt":"2025-03-02T16:14:18","slug":"os-apelidos-galegos-de-gas-natural-fenosa","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/ilg.usc.gal\/agon\/os-apelidos-galegos-de-gas-natural-fenosa\/","title":{"rendered":"Os apelidos galegos de Gas Natural Fenosa"},"content":{"rendered":"<p>Previsiblemente coa intenci\u00f3n de se achegar \u00e1 lingua e cultura galegas, a empresa Gas Natural Fenosa tomou a loable iniciativa de botar man dos apelidos galegos: as\u00ed aparecen nos medios de comunicaci\u00f3n alg\u00fans deles (<em>Seoane, Carreira, Rosende, Lavandeira<\/em>&#8230;). E ben din que no apelido est\u00e1 presente a cultura e a orixe de quen o porta. Desde a AGOn saudamos esta iniciativa da empresa (m\u00e1goa que no tel\u00e9fono de atenci\u00f3n \u00f3 cliente non haxa ningu\u00e9n que atenda en galego, como si o hai en catal\u00e1n. \u00bfNon lles merecer\u00e1 o galego a mesma consideraci\u00f3n?).<\/p>\n<p>Tam\u00e9n existe na Rede o portal\u00a0<a href=\"http:\/\/www.onosoapelido.gasnaturalfenosa.com\/\">www.onosoapelido.gasnaturalfenosa.com<\/a>, no que prometen \u201cdescubrir a historia\u201d de cada apelido. Unha idea tam\u00e9n digna de loar, e as\u00ed o facemos, pero o lamentable \u00e9 que non se informasen m\u00e1is para as respostas, na maior parte dos casos disparatadas.<\/p>\n<p>Deste xeito, mentres que apelidos como\u00a0<em>Vieites<\/em> (debera ser\u00a0<em>Bieites<\/em> ou\u00a0<em>Bi\u00e9itez<\/em>),\u00a0<em>Fraga<\/em>,\u00a0<em>Feijoo <\/em>(debera ser\u00a0<em>Feixoo<\/em>),<em>Carballo<\/em> ou\u00a0<em>Pi\u00f1eiro<\/em> indican que son \u201cde orixe galega como o polbo \u00e1 feira, a retranca, Rosal\u00eda de Castro e o Xabar\u00edn Club\u201d, en troques resulta que\u00a0<em>Carballeira<\/em> e\u00a0<em>Font\u00e1n<\/em> son \u201cde orixe desco\u00f1ecida, coma os buratos negros, as meigas e o universo mesmo\u201d, e\u00a0<em>Rego <\/em>ten unha historia \u201ctan interesante e misteriosa que non logramos encontrala\u201d. Rematan dicindo \u201cQue curioso, verdade?\u201d. Curios\u00edsimo, por algo se di que tam\u00e9n hai galegos na l\u00faa; estes apelidos deben vir do noso sat\u00e9lite&#8230;<\/p>\n<p>Resulta tam\u00e9n que apelidos que mesmo na China identificar\u00edan como galegos ou portugueses, como\u00a0<em>Touri\u00f1o<\/em>,\u00a0<em>Troiti\u00f1o<\/em>,<em>Seixo<\/em> e\u00a0<em>Pazos<\/em>, para o portal de Gas Natural ou son de orixe desco\u00f1ecida ou non deron atopado a s\u00faa historia (o apelido<em>Meixide<\/em> \u00e9 para os autores deste portal \u201cindescifrable\u201d; o que diciamos antes: extraterrestres). Por certo, que o apelido<em>Rajoy<\/em> (do top\u00f3nimo galego\u00a0<em>Raxoi<\/em>, que mostra a maneira correcta de escribilo) \u00e9 para eles \u201cde orixe \u00e1rabe\u201d; xa estamos vendo a don Mariano con xilaba&#8230;<\/p>\n<p>O apelido\u00a0<em>Rey<\/em> \u2013que adoita ser un deses nomes de nenos orfos (como\u00a0<em>Exp\u00f3sito<\/em>) \u2013 resulta que ten unha orixe navarra. E a\u00ednda m\u00e1is escandaloso: apelidos inequivocamente de orixe galega como son\u00a0<em>M\u00e9ndez<\/em> (o correspondente en castel\u00e1n \u00e9<em>Men\u00e9ndez<\/em> ou\u00a0<em>Mel\u00e9ndez<\/em>) e\u00a0<em>V\u00e1zquez<\/em> (castel\u00e1n\u00a0<em>Vel\u00e1zquez<\/em>), o primeiro \u00e9 de orixe espa\u00f1ola \u201ccomo a tortilla de pataca, Picasso, a sesta e os Chupa Chups\u201d, e o segundo de orixe asturiana \u201ccomo a sidrina, a ra\u00ed\u00f1a, o cachopo e o bable. Puxa!\u201d. Pois puxar\u00e1, pero os dous apelidos son moi galegos, como indica o feito de que o idioma de Galicia \u00e9 o \u00fanico que rexistra a perda do \u2013N\u2013 e do \u2013L\u2013- intervoc\u00e1licos existentes no lat\u00edn, que conservaron o asturiano e o castel\u00e1n. Por non mencionar outros apelidos \u201cespa\u00f1ois\u201d como\u00a0<em>Ferreiro, Mari\u00f1o<\/em>,\u00a0<em>Pereiro<\/em> ou\u00a0<em>Veiga<\/em>. M\u00e1is desprop\u00f3sitos:\u00a0<em>Vila<\/em>, segundo eles, \u00e9 de orixe catal\u00e1, e\u00a0<em>Freire<\/em>, de orixe francesa. \u00c9 certo que hai apelidos moi escuros, pero todos estes, que est\u00e1n entre os m\u00e1is frecuentes, son ben f\u00e1ciles de co\u00f1ecer con s\u00f3 mirar un dicionario de lingua ou consultar o<em>Nomencl\u00e1tor de Galicia<\/em> (<a href=\"http:\/\/www.xunta.es\/nomenclator\">http:\/\/www.xunta.es\/nomenclator<\/a>), pois moitos apelidos ve\u00f1en de nomes de lugares.<\/p>\n<p>En fin: que saudamos esta iniciativa de Gas Natural Fenosa, pero ped\u00edmoslle que te\u00f1an m\u00e1is rigor cient\u00edfico e que se asesoren debidamente antes de cometer estes erros, que demostran pouco aprecio por un elemento da nosa identidade tan importante que, como moi ben se di na s\u00faa web, engloba a nosa cultura e a nosa orixe.<\/p>\n<p>X. M. Lema<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Previsiblemente coa intenci\u00f3n de se achegar \u00e1 lingua e cultura galegas, a empresa Gas Natural Fenosa tomou a loable iniciativa de botar man dos apelidos galegos: as\u00ed aparecen nos medios de comunicaci\u00f3n alg\u00fans deles (Seoane, Carreira, Rosende, Lavandeira&#8230;). E ben din que no apelido est\u00e1 presente a cultura e a orixe de quen o porta. [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-3333","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria"],"acf":[],"mb":[],"mfb_rest_fields":["title"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/ilg.usc.gal\/agon\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3333","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/ilg.usc.gal\/agon\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/ilg.usc.gal\/agon\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/ilg.usc.gal\/agon\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/ilg.usc.gal\/agon\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3333"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/ilg.usc.gal\/agon\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3333\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/ilg.usc.gal\/agon\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3333"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/ilg.usc.gal\/agon\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3333"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/ilg.usc.gal\/agon\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3333"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}