OrtoGal, desenvolvido no
Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo, é o primeiro corrector en liña do galego, de libre acceso desde 2006. OrtoGal está baseado nos 60.000 lemas do
VOLG (Vocabulario ortográfico da lingua galega, ILG/RAG, 1989) que, unha vez flexionados (e, no caso dos verbos, combinados con pronomes), permiten a verificación duns 25 millóns de palabras. Este vocabulario base compleméntase cun repertorio de topónimos, antropónimos e abreviaturas co obxectivo de reducir as falsas alarmas do corrector. A estratexia de suxestión de correccións non se alicerza unicamente na semellanza da forma errada con palabras correctas do galego, senón que se ofrecen solucións específicas aos erros por descoñecemento da norma máis comúns na escrita, como os castelanismos, as ultracorreccións ou os estranxeirismos.
OrtoGal
Seminario de Lingüística Informática -
Grupo TALGUniversidade de Vigo, 2006-2019
Información e contacto: Xavier Gómez Guinovart (
correo-e)