logo sli

Corpus CTG - Corpus Técnico do Galego

Resultados da pescuda - Contexto e referencia


Volver procurar
Os resultados das buscas efectuadas no CTG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Técnico do Galego (CTG) - http://sli.uvigo.gal/CTG/.

Velaquí un contexto máis amplo (2 frases anteriores e 2 frases posteriores) da frase seleccionada do Corpus CTG, e a referencia textual correspondente:
« Aínda asumindo que os investimentos en capital financeiro e en capital humano deben ser tratados con idéntica prelación empresarial e en igualdade de condicións, parece lóxico asociar a estes, con respecto a aqueles, un maior grao de incerteza sobre o seu rendemento futuro; afirmación que sostemos non só pola complexidade implícita na medición dos resultados do investimento en capital humano senón tamén porque a recuperación futura dese investimento escapa da capacidade de control da empresa investidora.
« Ámbolos dous factores, dificultade de medición e permanencia incerta na empresa, inherentes a este tipo de activo intanxible, transmiten fraxilidade a unha estructura que, como a empresarial, se organiza e configura con pretensión de permanencia e solidez fronte á competencia.
› Agora ben, cómpre indicar que o factor humano dunha empresa se encadra nunha dimensión moito máis ampla que enriquece, aínda que tamén complica, a problemática que hai que analizar: estámonos a referir ó capital intelectual, un concepto acuñado por vez primeira por Galbraith nunha carta que, no ano 1969, escribe ó seu amigo Kalecki.
» En épocas máis recentes e baixo esta mesma denominación, a IFAC (1998) fai referencia ós tres tipos distintos de capitais intanxibles: capital humano, relacional e organizativo.
» A habilidade con que cada institución afronta a conversión das capacidades individuais do seu capital humano en coñecementos colectivos, susceptibles de integrarse no capital organizativo da empresa, constitúe en si mesmo outro intanxible crítico, sumamente valioso, que se revela como un dos mellores antídotos fronte á incerteza que, inevitablemente, supón e acompaña ó investimento en intanxibles.

Autoría revista galega de economia
Título As caixas de aforro do sur de Galicia: A relevancia do capital humano no proceso de fusión.
Data 220706
Formato Documento PDF
Categoría Artigos xornalísticos
Fonte http://biblio.cesga.es/search*spi/tRevista+galega+de+economia/trevista+galega+de+economia/1%2C1%2C1%2CB/l856&FF=trevista+galega+de+economia&1%2C0%2C%2C1%2C0