logo sli

Corpus CTG - Corpus Técnico do Galego

Resultados da pescuda - Contexto e referencia


Volver procurar
Os resultados das buscas efectuadas no CTG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Técnico do Galego (CTG) - http://sli.uvigo.gal/CTG/.

Velaquí un contexto máis amplo (2 frases anteriores e 2 frases posteriores) da frase seleccionada do Corpus CTG, e a referencia textual correspondente:
« Siñifica isto que non se fundamenta en diferentes suxeitos e fontes de soberanía e poder político articulados meiante un _pacto federal_ para construíren un Estado común a todos iles de abaixo arriba, mantendo cada un a súa soberanía de decisión política nos niveis, ámbitos e condicións establecidos no pacto constituínte da federación ou confederación.
« Portanto, un Estatuto de autonomía non é equivalente á constitución dun Estado federado con outros nunha estrutura federal común.
› Un Estatuto é unha carta outorgada, en forma de lei orgánica, polas Cortes dun Estado baseado constitucionalmente nun único suxeito de soberanía política - o _pobo español_ (art.1.2) - definido ademáis como unha única nación - a española (art. 2).
» E unha Comunidade Autónoma tampouco é equivalente a un Estado federado - por exemplo, calquera dos _Länder_ na RFA, ou Flandes e Valonia no Estado federal belga - senón que é simplesmente unha peza da _organización territorial do Estado_, conxuntamente coas provincias e os concellos, todos iles dotados de _autonomía para a xestión dos seus respeitivos intereses_ (art. 137).
» Trátase, pois, dun modelo descentralizado de administración territorial, deseñado no famoso Título VIII da Constitución, que combina dúas castes diferentes de entes territoriais: os da _administración local_ de sempre - concellos e deputacións provinciais - dotados de autonomía administrativa, e a nova figura - as Comunidades Autónomas - titulares de autonomía política e dotadas de cámara lexislativa e goberno - na Galiza, como dixen, o Parlamento e a Xunta.

Autoría
Título Economía Galega e Autonomía Política. Lección Maxistral do acto de apertura do curso académico 2006-2007.
Data 140407
Formato Páxina web (HTML, PHP...)
Categoría Artigos xornalísticos
Fonte http://www.usc.es/gl/xornal/opinions.action?id=40138