logo sli

Corpus CTG - Corpus Técnico do Galego

Resultados da pescuda - Contexto e referencia


Volver procurar
Os resultados das buscas efectuadas no CTG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Técnico do Galego (CTG) - http://sli.uvigo.gal/CTG/.

Velaquí un contexto máis amplo (2 frases anteriores e 2 frases posteriores) da frase seleccionada do Corpus CTG, e a referencia textual correspondente:
« Actualmente bastaría con ter aceptado un recibo por un servizo similar da mesma empresa emisora do recibo para que se considere aceptada a domiciliación, por iso é importante que cando unha nova empresa nos xira recibos sobre a nosa conta, a entidade bancaria nos remita por carta este novo recibo que vamos a cargar periodicamente na nosa conta, xa que en certo modo equivale á domiciliación por parte do cliente.
« Pola domiciliación de nóminas, pensións e outros ingresos, as entidades bancarias soen anunciar a oferta de servizos, créditos, seguros, etc. gratuítos ou en condicións preferenciais para os usuarios que realizan estas domiciliacións, no caso dos inmigrantes ofértanse principalmente servizos de envíos de diñeiro, pero é conveniente analizar cada unha destas ofertas e o seu auténtico valor.
› Soen regalarse seguros de vida, dos cales convén conservar a carta de notificación e as condicións, porque como son servizos que se ofrecen sistematicamente poden producirse erros, por exemplo remitir seguros de vida para traballadores a persoas que teñen domiciliada a pensión de xubilación ou o paro, sendo casos excluídos destes seguros.
» No caso de inmigrantes engádense a estes seguros de vida gratuítos os seguros de repatriación, nos que hai que ter en conta que en caso de falecemento do titular, os seus familiares dificilmente van ter coñecemento da existencia dese seguro para notificar o sinistro e recibir o servizo de repatriación do corpo correspondente.
» Por este motivo convén gardar as cartas nas que se nos comunica a concesión de seguros gratuítos, xa que en caso contrario cando se produce a desgraza dunha invalidez ou un falecemento do titular, os beneficiarios non son conscientes da súa existencia e non acoden a cobralo.

Autoría
Título Guía de Produtos Bancarios e de Seguros para inmigrantes elaborado pola Xunta de Galicia Secretaría Xeral de Emigración coa colaboración da ADICAE.
Data 140407
Formato Documento PDF
Categoría Manuais, axudas, menús e mensaxes de programas
Fonte http://www.adicae.net/galicia/