logo sli

Corpus CTG - Corpus Técnico do Galego

Resultados da pescuda - Contexto e referencia


Volver procurar
Os resultados das buscas efectuadas no CTG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Técnico do Galego (CTG) - http://sli.uvigo.gal/CTG/.

Velaquí un contexto máis amplo (2 frases anteriores e 2 frases posteriores) da frase seleccionada do Corpus CTG, e a referencia textual correspondente:
« Recentemente, as directivas comunitarias (en especial a 1999/30/CE, que explicaremos máis adiante) introduciron un novo parámetro denominado PM10, que se corresponde coa fracción particulada dun tamaño menor de 10 micrómetros (m) de diámetro aerodinámico, que substitúe o parámetro anterior (partículas totais en suspensión).
« A explicación disto encóntrase en que esta fracción particulada, PM10, é a que realmente ten influencia na saúde por ser a fracción respirable e, debido ao seu pequeno tamaño, a súa velocidade de sedimentación é moi baixa, podendo ser transportadas por correntes de aire a grandes distancias dende o seu lugar de emisión.
Numerosos estudos epidemiolóxicos (Dockery e Pope, 1996) demostraron unha clara relación entre os niveis de PM10 e o número de mortes e hospitalizacións diarias debidas a enfermidades pulmonares e cardíacas.
» As partículas PM10 penetran polas vías aéreas, chegan ata os pulmóns, provocan danos no sistema respiratorio, alteracións na coagulación do sangue e no ritmo cardíaco, agravan enfermidades de tipo respiratorio e coronario, e provocan hospitalizacións e mortes por asma, bronquite e infartos.
» Outros estudos sinalan que os efectos prexudiciais do PM10 concéntranse na fracción máis fina (menor de 2,5 m), por poder penetrar na rexión do tracto respiratorio responsable do intercambio gasoso (alvéolos).

Autoría VVAA
Título Calidade do aire en Galicia. O aire ambiente e a calidade do aire
Data 260606
Formato Documento PDF
Categoría Manuais, axudas, menús e mensaxes de programas
Fonte http://www.siam-cma.org/publicacions/doc.asp?id=302
En memoria pdf