Os resultados das buscas efectuadas no CTG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Técnico do Galego (CTG) - http://sli.uvigo.gal/CTG/.
Velaquí un contexto máis amplo (2 frases anteriores e 2 frases posteriores) da frase seleccionada do Corpus CTG, e a referencia textual correspondente:
|
«
|
De todas as zonas estudadas, Xunqueira foi a que presentou un valor de pH máis baixo e Monte Medo a de pH máis alto. |
|
«
|
Polo xeral observouse unha maior acidez nas zonas costeiras e a causa principal foi a menor proporción atopada nestes casos da especie amonio. |
|
›
|
Segundo o observado a partir dos resultados analíticos das mostras diarias, as cales como se dixo quedan afastadas de focos de contaminación industrial importante, a fonte principal de contaminación nestas zonas é o propio amonio, o cal ten unha orixe fundamentalmente bioxénica (actividades agrarias e gandeiras), algo que se fai notar moi claramente naquelas localizacións en cuxas proximidades é habitual a presenza de animais, xa sexa en granxas ou soltos en pastoreo, así como a práctica agraria de forma intensiva. |
|
»
|
Ao respecto desta especie, apreciáronse descensos importantes dentro do conxunto de mostras diarias na súa concentración ao pasar do ano 2000 ao ano 2001, especialmente naquelas zonas como Monte Medo e Monte Aloia, nas cales a principal peculiaridade era a abundancia de amonio. |
|
»
|
Tamén se observou o mesmo comportamento para o nitrito. |