Os resultados das buscas efectuadas no CTG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Técnico do Galego (CTG) - http://sli.uvigo.gal/CTG/.
Velaquí un contexto máis amplo (2 frases anteriores e 2 frases posteriores) da frase seleccionada do Corpus CTG, e a referencia textual correspondente:
|
«
|
Novamente, ao igual que sucedeu ao comparar a deposición de nitrato fronte á do sulfato para estacións do Grupo II, a deposición de sulfato nas zonas do Grupo I é sempre superior á do nitrato, sendo habitual atopar valores dentro do intervalo 1 000-2 500 mg/m2.ano. |
|
«
|
A tendencia interanual do sulfato é á alza para puntos como Xunqueira, Pedro Murias, O Xipro, Invernadeiro, Sergude, Carballedo, Lourizán e Illas Cíes. |
|
›
|
V.1.V.2. A deposición en Galicia fronte a Europa Tratar de mostrar aquí os resultados obtidos de deposición das especies medidas en auga de chuvia ata a data é impensable, polo enorme volume manexado, por iso se optou por presentar unha comparativa realizada sobre os datos de deposición do ano 2001 en auga de chuvia diaria para Galicia e os valores de deposición observados noutros puntos de Europa realizados pola EMEP, dentro do programa de control da deposición de especies acidificantes. |
|
»
|
A continuación compáranse os valores da media ponderada anual da concentración dalgúns ións, tales como sulfato, nitrato, amonio e calcio, así como do pH, correspondentes ao ano 2001, para Europa, cos mesmos resultados obtidos para Galicia no ano 2001 baixo unha mostraxe con captadores de deposición total e frecuencia de recollida de chuvia diaria (Grupo I). |
|
»
|
A mostraxe de chuvia non é uniforme por toda a rexión europea, utilizándose nalgúns casos captadores de deposición total e noutros captadores de deposición húmida. |