Os resultados das buscas efectuadas no CTG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Técnico do Galego (CTG) - http://sli.uvigo.gal/CTG/.
Velaquí un contexto máis amplo (2 frases anteriores e 2 frases posteriores) da frase seleccionada do Corpus CTG, e a referencia textual correspondente:
|
«
|
Facúltase o ministro de Economía, logo de informe do Instituto de Contabilidade e Auditoría de Contas e da Xunta Consultiva de Seguros e Fondos de Pensións, para desenvolver as ditas normas específicas de contabilidade, particularmente mediante o establecemento do plan de contabilidade dos fondos e plans de pensións e, se é o caso, do plan contable das entidades xestoras distintas das aseguradoras. |
|
«
|
2. As entidades xestoras de fondos de pensións levarán os libros de contabilidade correspondentes aos fondos que administren exixidos polo Código de comercio e outras disposicións que lles sexan de aplicación, incluíndo con carácter obrigatorio o libro maior, que recollerá, para cada unha das contas, os cargos e aboamentos que nelas se realicen, debendo concordar en todo momento coas anotacións realizadas no libro diario, así como os rexistros que, se é o caso, estableza o ministro de Economía. |
|
›
|
En todo caso, deberán levar un rexistro de contas, que recollerá as contas utilizadas para o reflexo das operacións no libro diario do fondo de pensións, con desagregacións en subcontas, así como as principais relacións contables relativas a aquelas en canto non estean definidas pola normativa contable vixente en cada momento. |
|
»
|
Artigo 98. |
|
»
|
Contas anuais. |