logo sli

Corpus CTG - Corpus Técnico do Galego

Resultados da pescuda - Contexto e referencia


Volver procurar
Os resultados das buscas efectuadas no CTG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Técnico do Galego (CTG) - http://sli.uvigo.gal/CTG/.

Velaquí un contexto máis amplo (2 frases anteriores e 2 frases posteriores) da frase seleccionada do Corpus CTG, e a referencia textual correspondente:
« 6. A resolución administrativa correspondente ou o acordo do que traia causa a liquidación será recoñecido no territorio dos demais Estados membros do Espazo Económico Europeo, de conformidade co previsto na súa lexislación, e producirá efectos neles tan pronto como o faga en España.
« Para estes efectos, a Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións, no prazo de 10 días contado desde o seguinte ao da data en que se dite esta resolución ou teña coñecemento do acordo, informará as autoridades supervisoras dos restantes Estados membros do Espazo Económico Europeo sobre a existencia do procedemento e os seus efectos.
› Así mesmo, o citado órgano publicará no "Diario Oficial da Unión Europea" un extracto da citada resolución ou acordo que, en todo caso, indicará a competencia do Ministerio de Economía e Facenda sobre o procedemento, que a lexislación aplicable a tal procedemento de liquidación é a contida nesta lei e nas súas normas de desenvolvemento, así como a identificación do liquidador ou liquidadores nomeados.
» Os liquidadores poderán desenvolver a súa actuación no territorio de todos os Estados membros do Espazo Económico Europeo, e poderán exercer neles as mesmas funcións e poderes que en España.
» Para estes efectos, resultará título suficiente para acreditar a condición de liquidador unha certificación da resolución ou unha copia legalizada do acordo polo cal se efectúe o seu nomeamento.

Autoría BOE
Título REAL DECRETO LEXISLATIVO 6/2004, do 29 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de ordenación e supervisión dos seguros privados.
Data 020905
Formato Documento PDF
Categoría Dereito ambiental
Fonte http://www.boe.es
En memoria pdf