logo sli

Corpus CTG - Corpus Técnico do Galego

Resultados da pescuda - Contexto e referencia


Volver procurar
Os resultados das buscas efectuadas no CTG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Técnico do Galego (CTG) - http://sli.uvigo.gal/CTG/.

Velaquí un contexto máis amplo (2 frases anteriores e 2 frases posteriores) da frase seleccionada do Corpus CTG, e a referencia textual correspondente:
« 4. Os órganos competentes para concede-las clasificacións no ámbito das respectivas comunidades autónomas que exerzan tal competencia notificarán á Xunta Consultiva de Contratación Administrativa da Administración xeral do Estado os acordos que se adopten sobre suspensión das clasificacións concedidas por eles, indicando, se é o caso, se a causa que o motiva corresponde con algunha das que relacionan nos números 3 e 4 do artigo 33 da lei.
« Cando se acordase a extensión da clasificación concedida ó resto das administracións públicas, en función do disposto no artigo 34.3 da lei, o acordo adoptado dará lugar á extensión da suspensión da clasificación ás restantes administracións públicas.
› 5. Os acordos de suspensión das clasificacións adoptados polas distintas administracións públicas serán publicados no "Boletín Oficial del Estado" e, se é o caso, nos diarios ou boletíns oficiais da correspondente comunidade autónoma.
» A inserción de anuncios no "Boletín Oficial del Estado ", tanto respecto das suspensións de clasificación coma sobre as declaracións da prohibición para contratar e de cantos procedan efectuar pola tramitación dos correspondentes expedientes, será gratuíta.
» SECCIÓN 4.a REXISTRO OFICIAL DE EMPRESAS CLASIFICADAS

Autoría BOE
Título REAL DECRETO 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.
Data 020905
Formato Documento PDF
Categoría Dereito ambiental
Fonte http://www.boe.es
En memoria pdf