logo sli

Corpus CTG - Corpus Técnico do Galego

Resultados da pescuda - Contexto e referencia


Volver procurar
Os resultados das buscas efectuadas no CTG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Técnico do Galego (CTG) - http://sli.uvigo.gal/CTG/.

Velaquí un contexto máis amplo (2 frases anteriores e 2 frases posteriores) da frase seleccionada do Corpus CTG, e a referencia textual correspondente:
« A sentencia que recaia será recorrible en suplicación.
« 9. No suposto de se acordar unha modificación substancial de carácter colectivo das previstas no artigo 41 do Estatuto dos traballadores, o dereito de rescisión de contrato con indemnización que, para tal suposto recoñece esta norma legal, quedará en suspenso durante a tramitación do concurso e co límite máximo dun ano desde que se dictase o auto xudicial que autorizou a dita modificación.
› A suspensión prevista no parágrafo anterior tamén será de aplicación cando se acordase un traslado colectivo que supoña mobilidade xeográfica, sempre que o novo centro de traballo se encontre na mesma provincia que o centro de traballo de orixe e a menos de 60 quilómetros deste, salvo que se acredite que o tempo mínimo de desprazamento, de ida e volta, supera o vintecinco por cento da duración da xornada diaria de traballo.
» Tanto neste caso como nos demais supostos de modificación substancial das condicións de traballo, a improcedencia do exercicio da acción de rescisión derivada da modificación colectiva das condicións de traballo non poderá prolongarse por un período superior a doce meses, contados desde a data en que se dictase o auto xudicial que autorizou esta modificación.
» 10. As accións individuais interpostas ó abeiro do previsto no artigo 50.1.b) do Estatuto dos traballadores terán a consideración de extincións de carácter colectivo para os efectos da súa tramitación perante o xuíz do concurso polo procedemento previsto neste artigo, cando a extinción afecte un número de traballadores que supere, desde a declaración do concurso, os límites seguintes:

Autoría BOE
Título LEI 22/2003, do 9 de xullo, concursal.
Data 020905
Formato Documento PDF
Categoría Dereito ambiental
Fonte http://www.boe.es
En memoria pdf