logo sli

Corpus CTG - Corpus Técnico do Galego

Resultados da pescuda - Contexto e referencia


Volver procurar
Os resultados das buscas efectuadas no CTG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Técnico do Galego (CTG) - http://sli.uvigo.gal/CTG/.

Velaquí un contexto máis amplo (2 frases anteriores e 2 frases posteriores) da frase seleccionada do Corpus CTG, e a referencia textual correspondente:
« Ademais diso, e por esixencias da Directiva 96/61/CE, derrógase o réxime de excepcións en materia de vertedura de substancias perigosas.
« Do mesmo modo, prodúcese unha modificación puntual da Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos, debido a que esta última exclúe, con carácter básico, as actividades de xestión de residuos urbanos realizadas polos entes locais do réxime de autorización administrativa esixido, con carácter xeral, ás actividades de valorización e eliminación de residuos.
› Polo contrario, no anexo 1 da Directiva 96/61/CE inclúense tódolos vertedoiros que reciban máis de dez toneladas diarias ou que teñan unha capacidade de máis de vintecinco mil toneladas, con exclusión dos vertedoiros de residuos inertes, sen prever ningunha excepción para os vertedoiros de residuos urbanos, polo que debe entenderse que tamén nestes casos será esixible o permiso escrito establecido no artigo 8 da mencionada directiva e, consecuentemente, a autorización ambiental integrada regulada nesta lei.
» Igualmente, modifícase a Lei 38/1972, do 22 de decembro, de protección do ambiente atmosférico, para adecua-lo importe das sancións previstas nesta ás contías establecidas na lexislación ambiental recentemente aprobada.
» Por último, esta lei ten a consideración de lexislación básica sobre protección do medio, de conformidade co establecido no artigo 149.1.23.a da Constitución.

Autoría BOE
Título LEI 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación.
Data 020905
Formato Documento PDF
Categoría Dereito ambiental
Fonte http://www.boe.es
En memoria pdf