Os resultados das buscas efectuadas no CTG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Técnico do Galego (CTG) - http://sli.uvigo.gal/CTG/.
Velaquí un contexto máis amplo (2 frases anteriores e 2 frases posteriores) da frase seleccionada do Corpus CTG, e a referencia textual correspondente:
|
«
|
Asímesmo, por razóns de seguridade poderanse establecer restriccións temporais ou permanentes á circulación de vehículos en que a súa propia perigosidade ou a da súa carga aconsellen o seu afastamento de núcleos urbanos, de zonas ambientalmente sensibles ou de tramos singulares como pontes ou túneles, ou o seu tránsito fóra de horas de grande intensidade de circulación. |
|
«
|
3. Corresponde establece-las aludidas restriccións ó organismo autónomo Xefatura Central de Tráfico ou, se é o caso, á autoridade de tráfico da comunidade autónoma que teña transferida a execución da referida competencia. |
|
›
|
4. As restriccións serán publicadas, en todo caso, cunha antelación mínima de oito días hábiles no "Boletín Oficial del Estado" e, facultativamente, nos diarios oficiais das comunidades autónomas citadas no punto anterior. |
|
»
|
En casos imprevistos ou por circunstancias excepcionais, cando se estime necesario para lograr unha maior fluidez ou seguridade da circulación, serán os axentes da autoridade responsable da vixilancia e da disciplina do tráfico que, durante o tempo necesario, deter minen as restriccións mediante a adopción das medidas oportunas. |
|
»
|
5. En caso de recoñecida urxencia poderán concederse autorizacións especiais para a circulación de vehículos dentro dos itinerarios e prazos obxecto das restriccións impostas conforme o establecido nos puntos anteriores, logo de xustificación da necesidade ineludible de efectua-lo desprazamento por eses itinerarios e nos períodos obxecto de restricción. |