Os resultados das buscas efectuadas no CTG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Técnico do Galego (CTG) - http://sli.uvigo.gal/CTG/.
Velaquí un contexto máis amplo (2 frases anteriores e 2 frases posteriores) da frase seleccionada do Corpus CTG, e a referencia textual correspondente:
|
«
|
Comentario. |
|
«
|
A meirande parte dos casos humanos de gripe aviaria H5N1 tiveran contacto directo ou indirecto con aves infectadas ou mortas, e non con persoas con síntomas de infección H5N1, pero semella que uns poucos casos debéronse a transmisión interhumana, que terían ocorrido sempre despois dun contacto moi estreito cunha persoa infectada durante a fase crítica da súa enfermidade. |
|
›
|
De todos os xeitos, como ilustran os episodios aquí comentados, non é doado establecer que se deu transmisión interhumana, especialmente no que atinxe á exposición ambiental a restos de aves infectadas. |
|
»
|
Máis doado é, polo de agora, establecer os antecedentes de contacto con un caso, xa que case non hai infeccións humanas H5N1 que sexan asintomáticas ou leves, como mostran os estudos clínicos e serolóxicos realizados en persoas que tiveran un contacto directo desprotexido con aves, e nos contactos familiares, sociais e sanitarios dos casos, que na meirande parte das veces ocorreu sen a protección axeitada. |
|
»
|
Non se indicou aquí, pero todos os episodios reseñados deron lugar ao dito tipo de vixilancia, con resultado negativo agás nos casos comentados da enfermeira e o 2º caso dun clúster. |