logo sli

Corpus CTG - Corpus Técnico do Galego

Resultados da pescuda - Contexto e referencia


Volver procurar
Os resultados das buscas efectuadas no CTG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Técnico do Galego (CTG) - http://sli.uvigo.gal/CTG/.

Velaquí un contexto máis amplo (2 frases anteriores e 2 frases posteriores) da frase seleccionada do Corpus CTG, e a referencia textual correspondente:
« II. Para que?
« Nos últimos tempos comeza a ouvirse falar na necesidade de exportarmos a cultura galega, de facermos visíbeis as nosas singularidades no plano externo, chegándose mesmo a suxerir que aos poderes públicos galegos debería corresponder un papel importante neste labor.
› Podería pensarse que se trata dunha reivindicación proveniente dalgunha selecta elite de persoas que producen ou consumen cultura galega, desexosas de que sexan investidos fondos públicos que satisfagan os seus sofisticados e postmaterialistas intereses particulares.
» No entanto, o certo é que a proxección internacional da cultura galega, de ser ben feita, debería traducirse en proveitos prácticos de primeira orde para o noso país e todas as súas xentes, sen excepción.
» A clarificar e razoar, burdamente, algúns destes beneficios dedicaremos os próximos parágrafos.

Autoría Ângelo Gonçalves Vicente
Título Internacionalizar a cultura galega
Data 170407
Formato Correo electrónico (roldas, foros...)
Categoría Roldas, foros, grupos de novas
Fonte http://altermundo.org/portal/content/view/270/61/lang,gl_ES/
En memoria html