Os resultados das buscas efectuadas no CTG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Técnico do Galego (CTG) - http://sli.uvigo.gal/CTG/.
Velaquí un contexto máis amplo (2 frases anteriores e 2 frases posteriores) da frase seleccionada do Corpus CTG, e a referencia textual correspondente:
|
«
|
O sector naval xera en Galicia 3.500 postos de traballo directos nos estaleiros, un milleiro deles nas factorías de pequeno e mediano tamaño, e 6.500 empregos indirectos nas industrias auxiliares do sector. |
|
«
|
A industria naval española e, en particular, a galega, vén realizando dende 1984 un importante esforzo de axuste, principalmente, en relación cos custos propios, exteriorizando certas funcións e utilizando, cada vez máis, as industrias auxiliares. |
|
›
|
Tanto nestas industrias, que en xeral son pemes, como nas industrias tractoras, estase a incidir na mellora tecnolóxica, na construcción de buques máis sofisticados e complexos e na reducción de capacidade productiva para adaptar este sector ás demandas que establece un mercado fortemente internacionalizado e competitivo. |
|
»
|
A industria auxiliar experimentou un importante crecemento, converténdose nun eixe fundamental do tecido económico, como subcontratista dunha gran parte da actividade de construcción do buque. |
|
»
|
Sen embargo, a industria naval é unha das máis castigadas pola competencia dos países do Leste asiático, Corea fundamentalmente. |