Información sobre a Clínica Dental Pardiñas
 
Inicio do espacio web A súa primeria visita á Clínica As especialidades da clínica O menú interactivo


ISO 9001:2000
ISO 9001:2000

 

Equipo humano

En calquera actividade o equipo humano é importante.

Nunha clínica é fundamental

 


Na Clínica Dental Pardiñas estamos moi orgullosos do noso equipo humano. A nosa formación científica e tecnolóxica está avalada polos tratamentos complexos realizados con éxito nos nosos doentes.

Dr. José PardiñasO Dr. José Pardiñas Arias, médico estomatólogo, é o director responsable da clínica. Especialista en implantes dentais osteointegrados, en cirurxía oral, e periodoncia.
Licenciado en Medicina e Cirurxía no ano 1983 pola Universidade de Santiago de Compostela coa calificación de Sobresainte. É especialista en estomatoloxía no ano 1986. Nese mesmo ano comeza a súa andadura profesional, e en 1996 decide crear un novo proxecto, moi ambicioso con conceptos modernos de traballo, tecnoloxía e organización: A Clínica Pardiñas.

O Doutor Pardiñas é especialista en implantes dentais (1992, Universidade Complutense de Madrid); especialista en periodoncia (1995, Clínica Gingiva - Madrid), e Master en próteses dentais (2001, Esorib). Asimesmo realizou numerosas estancias de formación continuada en clínicas de especialistas de periodoncia e implantes, de renome nacional e estranxeiro.

É membro das seguintes sociedades científicas: (SEI (Sociedade Española de Implantes), SEPES (Sociedade Española de Prótese Estomatolóxica), SEPA (Sociedade Española de Periodoncia e Oseointegración), SEDCYDO (Sociedade Española de Disfunción Cráneo-Mandibular e Dor Orofacial), SGOMQ (Sociedade Galega de Odonto-Estomatoloxía Médico-Cirúrxica), GEOBE (Asociación Profesional de Grupo de Estudios en Oclusión Biolóxica), e AEOM (Asociación Española de Odontoloxía Microscópica).

A Dra. Carmen López PrietoDoutora Carmen López Prieto, médico e odontólogo, encárgase do campo da odontopediatría, ortodoncia, e estética dental.

A Dra. López Prieto é licenciada en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela, e licenciada en odontoloxía no ano 1992 pola mesma universidade. Especialista en periodoncia (1995, Clínica Gingiva - Madrid) e ortodoncia (1992, Ceosa; e 1998, Gnathos).

É membro das seguintes sociedades científicas: SEDO (Sociedade Española de Ortodoncia), SEPES (Sociedade Española de Prótese Estomatolóxica), SEPA (Sociedade Española de Periodoncia e Oseointegración), GEOBE (Asociación Profesional de Grupo de Estudios en Oclusión Biolóxica), e SGOMQ (Sociedade Galega de Odonto-Estomatoloxía Médico-Cirúrxica).


Isabel Fontanes MourelleA Srta. Isabel Fontanes Mourelle, persoa cunha formación impecable en tódalas áreas da consulta: hixienista, auxiliar e organizadora, por iso é a nosa coordinadora xeral e responsable de calidade.

Formada inicialmente en Suíza en distintas clínicas dentais, apórtanos o seu saber facer cunha grande responsabilidade. Ten como lema o orde e a disciplina, domina varios idiomas e é unha relacións públicas excelente.

 

Lorena Martínez Rioboo

 

 

A Srta. Lorena Martínez Rioboo, tamén hixienista dental, encárgase da sección de prevención. É ela quen lle asistirá nos detartraxes, selados de fosas e fisuras, fluorizacións, normas de cepillado, toma de impresións, retirada de puntos, e outras labores de prevención.

 

 

 

María del Pilar Vidal González

 

A Srta. María del Pilar Vidal González é técnico superior en Hixiene buco-dental. Está capacitada para realizar calquera función auxiliar dentro da clínica, con amplos coñecementos teóricos e prácticos.

 

 

 

Srta. Mónica Iglesias García

 

 

A Srta. Mónica Iglesias García é auxiliar de clínica con máis de oito anos de experiencia. Colabora activamente dentro dos gabinetes como instrumentista.

 

 

 

Melva Santalla

 

A Srta. Melva Santalla Quintana é diplomada en publicidade e relacións públicas. Desempeña a importante función de comunicación cos nosos pacientes.

 

Félix Gómez Baño

 

Félix Gómez Baño, protésico dental. Especialista en implantes, cerámica dental e ortodoncia. El, coma director do seu laboratorio de prótese é quen deseña e crea os dentes. O laboratorio de prótese é un labor fundamental dentro do organigrama dunha clínica dental.

 

 

 

Lidia Freire

Lidia Freire Cuíñas: É técnico superior en hixiene Bucodental e Técnico en prótese dental. Realiza labores auxiliares en implantoloxía.

 

 

 

Gema García Orosa

 

Gema García Orosa: É hixienista dental e realiza labores auxiliares en tódalas especialidades

 

 

 

 

 

A formación continuada de todos nós é un dos nosos principais obxetivos para poder ofrecerlle sempre o mellor. A calidez e cercanía no trato é outra das nosas prioridades.

Foto de familiaEquipo humano da Clínica Pardiñas

 

Nuestro equipo O noso equipo
La clínica A clínica
Esterilización Esterilización
Nuestra garantía

A nosa garantía

Seguridad y medio ambiente Seguridade e medio ambiente
Formas de pago Formas de pagamento
Ubicación y horario Ubicación e horario
ISO 9001:2000 en la Clínica Pardiñas ISO 9001
Estudio dental Estudio dental
La Clínica Pardiñas en la Prensa Nos medios
Pida cita en nuestra clínica Pida cita

 

Dirección de la clínica E-mail de la Clínica Pardiñas