Plantas inmunoestimulantes - repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol

Aforro enerxético

imagen Consello aforro
K6 convídache a descubrir como aforrar enerxía no teu fogar.

Subscríbete

Boletín Boletín
Todas as semanas, Casa e Fogar no tu e-mail.
RSS Alertas RSS
Seo primeiro en ler as reportaxe de Casa e Fogar.

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Sen saír da casa > Reportaxes > Saúde
Plantas inmunoestimulantes

O frío e o inverno traen consigo catarros e arrefriados. Cóidate coa medicina natural e reforza o teu sistema inmunitario fronte ás infeccións virais e outros axentes nocivos. As plantas serán as mellores aliadas para potenciar as túas defensas.

A capacidade que ten o organismo para defenderse de substancias estrañas é a inmunidade. Contamos cun complexo sistema de defensa que se encarga de adaptar e fortalecer o equilibrio do organismo fronte a xermes externos que o poden debilitar. O seu obxectivo non é outro que previrte das posibles enfermidades e mellorar as túas defensas perante as infeccións que ameazan o teu corpo.

O sistema inmunolóxico e a capacidade de resposta evolucionan coa idade. A madurez inmunolóxica acádase entre os 10 e os 30 anos. Desde entón e ata os 60 anos as nosas defensas vólvense máis débiles e é necesario comezar a coidarse. A prevención é clave, sobre todo na etapa a partir dos 65 anos, cando o corpo comeza a sufrir unha parálise inmunolóxica. E é que o organismo débese adaptar de forma constante ao medio que lle rodea.

Medicina natural

Hai moitas plantas que che poden axudar a fortalecer a resistencia do organismo. Unha das máis coñecidas é a equinácea, que hai moios anos era considerada polas tribos indias como planta sagrada polas súas asombrosas propiedades curandeiras. Hoxe úsase como antibacteriano e inmunoestimulante, como protector fronte a procesos infecciosos. 

A unlla de gato, unha liana que crece nas selvas chuviosas peruanas, potencia a inmunidade polo seu efecto antiinflamatorio, antioxidante e contra virus e infeccións, como pneumonías e alerxias. O fungo shiitake, cultivado desde hai séculos nas montañas de Asia, aumenta as defensas específicas, actúa como antibiótico e antivírico, e resulta moi útil ante problemas respiratorios.

Outras plantas inmunoestimulantes que potencian as túas defensas son a vinca rosea, o guaco, a emetina ou o arnica. A uncaria tomentosa  é antivírica, o tónico de hipérico tómase porlas súas propiedades bactericidas e o coñecido Aloe resulta un eficaz antiséptico cando se aplica sobre a pel. 

Reforza as túas defensas

Infeccións virais, xermes e bacterias? No lles teñas medo. Podes facerlles fronte grazas ás posibilidades que che ofrece a propia natureza, como as árbores. Proba a usar aceite esencial de árbore do incenso, é un inmunodepresor nervioso e reforza on oso sistema fronte a problemas respiratorios como a bronquite ou o asma. O piñeiro silvestre é antivírico e moi eficaz nestes trastornos e noutros, como os urinarios. O extracto de caneleira tamén resulta un bo antiséptico e antibacteriano.

A xanzá da India ten a súa orixe nas montañas do mesmo nome e de Nepal. Os eu xarope protexe a mucosa gastroduodenal e por iso se usa para tratar gastrites e úlceras. Úsase tamén na diabete tipos dous e cos famosos arrefriados ou a gripe. 

Das montañas e zonas frías de Europa e América chega o lique de Islandia, un vexetal tradicionalmente antitumoral e moi útil no tratamento de afeccións respiratorias como a bronquite ou a tuse.

Algunhas matogueiras como a Commiphora Mukul poden resultar un bo estimulante tiroideo. O eleuterococo, orixinario das estepas de Siberia, ten a capacidade de aumentar a inmunidade humoral. Da mesma familia é o ginseng, cuxo extracto actúa como estimulante xeral e do sistema nervioso, é antiestrés e antirradicais. 

O malvarisco, que se atopa por toda Europa, aplícase sobre todo para mellorar inflamacións da mucosa dixestiva e respiratoria. Así, resulta ideal para facer fronte a problemas tan diferentes como o refluxo gastroesofáxico ou a farinxite. Da regalicia tamén se aproveitan as súas propiedades antiulcerososas e antiespasmódicas.

En Nadal, non podiamos deixar de nomear o visgo, unha planta que se desenvolve nas zonas tropicais e subtropicais do noso planeta. Ademais de ser o adorno típico que colga das portas das nosas casas nestas datas, ten excelentes propiedades terapéuticas. É un gran inmunoestimulante grazas a unhas proteínas chamadas lectinas. Unha planta máxica polo seu poder antitumoral capaz de tratar distintos episodios de cancro.


Artigos relacionados:

Medicina natural na túa maleta

Homeopatía, a medicina alternativa

11 de decembro de 2008


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.