O poder do loureiro - repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol

Aforro enerxético

imagen Consello aforro
K6 convídache a descubrir como aforrar enerxía no teu fogar.

Subscríbete

Boletín Boletín
Todas as semanas, Casa e Fogar no tu e-mail.
RSS Alertas RSS
Seo primeiro en ler as reportaxe de Casa e Fogar.

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Sen saír da casa > Reportaxes > Saúde
O poder do loureiro

Pode que coñezas o loureiro por ser un aromático condimento na arte da cociña pero é, ademais, un excelente tratamento medicinal. Descubre os seus beneficios para os problemas dixestivos, musculares, articulares e cutáneos.

Desde a antigüidade coñécense as propiedades beneficiosas das follas de loureiro. Tomadas en infusión resultan altamente curativas xa que son capaces de estimular o apetito, reducir a fatiga ou facilitar a dixestión. Pero tamén as podes utilizar en baños de vapor para os problemas respiratorios ou aplicar o seu aceite esencial en forma de locións e cremas para molestias físicas como as dores reumáticas. 

Uso interno

O loureiro tomado en infusión é moi eficaz contra os trastornos dixestivos como a acidez estomacal. Para preparar a bebida, pon a ferver auga, engade tres ou catro follas de loureiro por cada cunca e déixaas repousar preto de dez minutos. Toma catro infusións ao día antes das comidas, se desexas estimular o apetito, ou despois delas, para axudar a realizar a dixestión. O loureiro ten a  propiedade de aumentar as secrecións dixestivas e os movementos intestinais, de reducir os espasmos e o flato e incluso de previr o cancro. Porén, o seu consumo está desaconsellado se padeces gastrite ou úlcera.

Trátase dunha planta que resulta tamén moi axeitada para tratar enfermidades do sistema respiratorio, como a gripe ou a bronquite. Se sofres tuse ou farinxite as súas propiedades expectorantes axudarante a combater as mucosidades das vías respiratorias. En caso dalgunha destas afeccións, proba a tomar infusións de loureiro ou catro gotas de aceite esencial tres veces ao día.

O sistema circulatorio é outro dos grandes beneficiados polos ácidos graxos insaturados que contén o loureiro. Os seus principios activos melloran a circulación e contribúen a reducir o risco de enfermidades cardiovasculares. Ademais, grazas ao seu efecto diurético, o organismo aumenta a produción de urina e elimina o exceso de líquidos e toxinas. Unha acción que non só beneficia o estado do teu ril, senón que resulta ideal contra o exceso de peso.

No caso de que sufras trastornos na menstruación, o loureiro pódese converter no teu gran aliado. Ten a capacidade de diminuír a cantidade se é moi abundante ou de fomentala se é demasiado escasa. Proba a tomar tres cuncas diarias de infusión, cunha culleradiña de follas secas cada unha, os sete días antes do período. Notarás como mellora o teu equilibrio de forma natural.

Tratamento externo

O loureiro tamén funciona como rexenerador da pel. Ten excelentes resultados no caso de problemas provocados por fungos ou para tratar golpes, queimaduras, úlceras e acne. 
De feito, o seu aceite esencial de baias úsase en perfumería para fabricar xabóns e cosméticos. Unha loción medicinal que ti tamén podes preparar na casa. Conseguiralo macerando un puñado de baias durante quince días en 250 gramos de aceite de oliva. Despois dese tempo, filtra o líquido resultante, e xa está! Para tratar a túa pel só o tes que aplicar cunha gasa sobre a zona da epiderme afectada. As follas desta planta posúen un poder antirreumático que consigue aliviar a dor e desinflamar as articulacións. Podes fregar a zona afectada cunha pomada a base de follas de loureiro, previamente trituradas e fervidas ata formar unha pasta. Atoparás o aceite preparado nas farmacias contra os problemas reumáticos e dores de ósos.

Se queres notar o seu poder antiséptico e calmante engade o loureiro ao teu baño persoal. Proba a ferver nun litro de auga dous puñados de follas secas ou frescas, deixa que se temperen, filtra o líquido e engádeo á bañeira. Se o teu obxectivo é levantar o ánimo, coloca tres follas de loureiro en auga fría, déixaas macerar pola noite e á mañá seguinte bebe un pouco da súa auga. Un remedio caseiro para fortalecer a vontade e reducir o esgotamento para afrontar o novo día.

Artigos relacionados:

Medicina natural na túa maleta

Aceite de onagra, excelente remedio natural

13 de novembro de 2008


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.