Dismenorrea


¿En que consiste?


Aínda que de maneira normal coa menstruación poden aparecer molestias leves e aínda que cada muller pode experimentar os síntomas dun xeito diferente, cando as menstruacións van acompañadas de dor intensa na parte inferior do abdome, fálase de dismenorrea.

Na dismenorrea a dor pode ser aguda, xorda ou intermitente, e mesmo irradiar ás pernas e ó lombo. Pódese iniciar durante a menstruación ou xusto antes (un día ou horas antes) e pode acompañarse doutros síntomas como náuseas, vómitos, diarrea, dor de cabeza ou fatiga xeneralizada. A intensidade do dor varía, e nos casos severos pode chegar a limitar ou impedir a actividade normal e obrigar ó repouso.

A dismenorrea é bastante frecuente, aparece aproximadamente na metade das mulleres en idade fértil, é especialmente común en adolescentes e diminúe posteriormente coa idade, sen que isto garde relación con ter fillos. Na maioría dos casos a dor está producida polas contraccións do útero durante a fase menstrual sen que exista ningún outro motivo e, malia a intensidade das molestias, non causa complicacións. Non obstante, noutras ocasións menos frecuentes, a dor é consecuencia dalgún problema xinecolóxico concreto (endometriose, infeccións etc.), que deberá ser identificado e tratado.
Muller


¿Cómo se trata?

O primeiro paso do tratamento intenta aliviar a dor con medicamentos antinflamatorios (ibuprofeno, naproxeno, etc). Non convén esperar a que a dor sexa moi intensa para iniciar a toma, senón que comezará a tomarse cos primeiros síntomas e mesmo antes do comenzo do sangrado.
Nalgúns casos concretos pode estar indicado o uso de anticonceptivos orais para o tratamento da dismenorrea.

En calquera caso evitarase a automedicación xa que será o médico quen estableza o tratamento adaptándoo a cada muller. Ademais, a adecuada exploración e valoración da paciente será especialmente necesaria cando se sospeitase que poidan existir trastornos ou anormalidades responsables da dor menstrual, que ó seren tratadas solucionarán a dismenorrea secundaria.

Outros consellos e medidas xerais que poden resultar de utilidade son:
- Reducir o consumo de sal e de cafeína (café, colas, etc) antes e durante a menstruación pode ser eficaz nalgunhas mulleres.
- As duchas e baños quentes poden ser aconsellables, tanto polo o seu efecto relaxante como pola posible melloría das molestias coa calor.
- A dismenorrea é máis frecuente en mulleres fumadoras, polo cal este é un motivo máis para evitar o consumo de tabaco.
- Coa prevención de enfermidades de transmisión sexual elimínanse as dismenorreas secundarias a este tipo de infeccións.

Situacións de especial precaución:

• Dolor más severo de lo habitual o que no se calma con el tratamiento prescrito, especialmente si interfiere con las actividades cotidianas, o si va acompañado de síntomas nuevos como fiebre, sangrado intenso, etc.

 

 


Se se indicou un analxésico/antiinflamatorio tómeo o antes posible ó notar os primeiros síntomas, xa que se se retrasa a súa toma pode ser máis difícil controlar a dor.


ESTAS MEDIDAS SON RECOMENDACIÓNS XERAIS. NON DUBIDE EN CONSULTAR CO SEU MÉDICO. EL PODERÁ MODIFICALAS E AXUSTALAS ÁS SUAS CONDICIÓNS CONCRETAS.

 


O seu navegador non e capaz de executar o obxecto activeX que imprime a pantalla.