|
SINDICATO
DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALICIA | |
| |
| As enfermidades profesionais. Marco lexislativo actual. |
Está
definida a Enfermidade Profesional no artigo 116.1 da Lei da Seguridade Social
(R.D.L. 1/94, de 20 de xuño). A enfermidade profesional aparece como efecto
dun axente moi concreto, non manifestamente externo, que soe actuar lenta e progresivamente.
Así,unicamente se consideran legalmente enfermidades profesionais unha
serie moi restrinxida de enfermidades previstas no cadro do Anexo do R. D. 1995/78,de
12 de maio,no que se fai referencia a un doble listado de actividades e enfermidades.
O resto de enfermidades laborais, todas aquelas orixinadas polo traballo pero
que non están no listado, non son enfermidades profesionais. Unicamente
se pode conseguir que sexan consideradas como accidentes de traballo, tras un
proceso xudicial longo e difícil no que se demostre a relación directa
entre traballo e enfermidade. |
| Enfermidades profesionais en España. |
Mentras que o Estado español se sitúa á cabeza de Europa en canto ó número de accidentes de traballo, a incidencia das enfermidades profesionais é moi baixa. En 1977, cunha población asalariada de 10,3 millóns de persoas, rexistráronse máis dun millón de accidentes leves con baixa, máis de 10.000 graves e máis de 1.000 mortais; sen embargo somentes se recoñeceron 8.440 casos de enfermidade profesional -destacándose a suba das enfermidades músculo-esqueléticas-, xa que a normativa vixente é totalmente obsoleta: non recoñece o conxunto de enfermidades laborais. |
| Polo recoñecemento das enfermidades profesionais no ensino |
| O ESTRÉS E A SÍNDROME DO PROFESIONAL QUEIMADO (BURN-OUT) |
| Nestas docencias inflúen múltiples causas, aínda que basicamente existe unha desproporción entre as demandas de todo tipo que o conxunto da sociedade esixe ós/ás docentes e a falta de recursos materiais, humanos e persoais para facer frente ás mesmas de forma axeitada, eficaz e gratificante. |
Os factores que inciden máis claramente
son:
|
As medidas de prevención serían, entre outras:
|
| ENFERMIDADES MÚSCULO-ESQUELÉTICAS |
| Inciden moi sensiblemente en colectivos como os de educación
infantil, especial, profesorado de educación física e persoal de
administración e servisios. As causas radican na ausencia dun deseño ergonómico dos postos de traballo que xenera malas posturas, estar moitas horas de pe e en tensión, a carga de obxectos e persoas sen preparación nin medios axeitados, así como a existencia de barreiras arquitectónicas. A prevención, formación e rehabilitación dos dores de espalda, pescozo e extremidades esixe un traballo de identificación dos riscos en cada posto de traballo para o deseño ergonómico dos mesmos. Hai que dotar ós centros de recursos materiais e humanos que eviten a sobrecarga muscular e modificar as barreiras arquitectónicas |
| OS PROBLEMAS DA VOZ |
| A presenza de patoloxías orgánicas
de voz no profesorado triplica as da poboación doutras profesións.
É unha enfermidade profesional que no seu grao máximo afecta a un total de 60.000 docentes en todo o Estado español. As causas radican no continuado esforzo da voz, na ausencia de equipos de traballo esixidos polo R. D. 1215/1997, no ruído e resto de condicións materiais das aulas. A prevención e formación da voz non está tampouco planificada desde as administracións públicas e empresas, así como faltan por realizar os estudios necesarios de medición de ruído nos centros actuais e futuros para reubicalos ou protexelos con pantallas de insonorización, así como ó deseño e materiais utilizados. A posta
en marcha do conxunto de mecanismos previstos na Lei de Prevención de Riscos
Laborais permitirá a identificación, valoración e prevención
destas enfermidades laborais e, no seu caso, doutras que presentan tamén
altos índices de incidencia, (enfermidades infecciosas, en vías
respiratorias, cardiovasculares, etc). |
| Desenvolvemento da campaña, unha proposta aberta |
As resistencias ao recoñecemento das enfermidades profesionais do sector do ensino son enormes, pero non son menores as persoas e organizacións que están dispostas a dar apoio a esta reivindicación. A nosa obriga é ser capaces, xunto con outras organizacións sindicais e institucións, de vertebrar a resposta adecuada. Puxemos en marcha a campaña: "Mellorar a Saúde Laboral", que pode desenvolverse no seguinte proceso: 1
Sensibilización e compromiso colectivo do profesorado en todos os centros
de traballo: 2 Compromiso persoal do profesorado e implicación do conxunto
da sociedade. 3 O terceiro paso será
o recoñecemento das enfermidades profesionais dos docentes, mediante a
adecuación da normativa actual á Lei de Prevención de riscos
Laborais: modificación da Lei da Seguranza Social e do R.D.1995/78.
|
| Se o conseguimos, vai supor un extraordinario avance para o ensino e para o resto da clase traballadora |
O logro da reivindicación que nos proferimos vai supor un fenomenal troco social: 1 Mellora das
prestacións para os traballadores/as
Ademais, no caso de recoñecemento de enfermidade profesional:
2 Posibilítase intervir en prevención 3 Mellórase o Sistema Sanitario "Público" As implicacións económicas serian moi importantes. 4
Ampliaríase o recoñecemento de enfermidades profesionais ao conxunto
da clase traballadora Polo
tanto , se se rompese o obsoleto e restritivo marco normativo actual coa nosa
iniciativa, beneficiaríanse ao conxunto de traballadores e traballadoras
do Estado que padecen unha situación similar ao á nosa. |