Ficha Enfermidade |
Nome común Ataxia de Friedreich |
Localización Sistema nervioso. |
Síntomas Problemas para camiñar e mover os brazos e os pés, problemas para falar, alteracións da sensibilidade, desviación de columna, ansiedade, problemas para respirar, palpitacións, perda de visión ou capacidade auditiva, nalgúns casos, e trastornos cardíacos. |
Prognóstico É un proceso irreversíbel, se ben a gravidade das complicacións derivadas da enfermidade varía segundo os casos. |
Causas Un xene defectuoso que o individuo deber herdar de cada un dos seus pais. No caso de que só un dos proxenitores posúa o xene defectuoso, o individuo, aínda que non poida padecer a enfermidade, si poderá transmitila. |
Factores Factores xenéticos, nenos e mozos entre cinco e 15 anos de idade. |
Complicacións Incapacidade motora, alteracións do ritmo cardíaco, inflamación das paredes do corazón e insuficiencia cardíaca. |
Tratamento Non hai un tratamento eficaz contra a evolución da enfermidade, se ben existen medicamentos para aliviar e controlar os síntomas-afeccións do corazón, pulmóns e ósos-. A fisioterapia é recomendábel para fortalecer os músculos. |
Prevención Non se describen medidas preventivas. |
O máis lido
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.