Receitas de cociña, alimentación e nutrición, coleccionismo, calefacción, bricolaxe, mobles... Repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Sen saír da casa > Utilidades > Guía de saúde
Ficha Enfermidade
Nome común
Cólico nefrítico
Localización
Riles.
Síntomas
Dor intensa e intermitente, náuseas, vómitos, distensión abdominal, contractura dos músculos e febre discreta.
Prognóstico
Coa atención médica necesaria non reviste gravidade.
Causas
No 50% dos casos débese á obstrución da luz canalicular -obstrución funcional conxunta- por un cálculo renal, se ben pode ser orixinado por diversas alteracións, como tumores na vexiga ou na desembocadura do uréter nesta, quistes nas vías urinarias ou tumores de ril.
Factores
Problemas no aparello urinario, alimentación que favoreza a formación de cálculos e factores xenéticos.
Complicacións
A obstrución do uréter pode orixinar a dilatación da árbore urinaria e infección das cavidades dilatadas. Nos cólicos de longa duración pode darse oligoanuria ou anuria -supresión da secreción urinaria- por problemas mecánicos na evacuación dos ouriños, por litiase -formación de cálculos nas vías urinarias e biliares- ou compresión bilateral do uréter.
Tratamento
Require unha rápida atención médica, dada a intensa e insoportábel dor que experimenta o enfermo. Para calmar a dor adminístranse antiespasmódicos, xunto a soro fisiolóxico e unha solución glucosada. Ademais, é recomendábel subministrar calor húmida ao paciente e hidratalo axeitadamente para forzar a diurese -aumento na secreción e excreción dos ouriños- de forma que poida evacuar o cálculo ou os microcálculos.
Prevención
Beber abundante auga, levar unha dieta equilibrada e evitar o estrés.

Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.